NOTA DE PRENSA:
O GPPP alerta de que a Deputación só disporá no primeiro cuatrimestre deste ano de un millón de euros para a conservación da rede viaria provincial
* Os populares suliñan que a administración provincial fixo no pasado mes de decembro certificacións por importe de máis de 3,8 millóns de euros para “acopios” de material
* Califican estas certificacións de anómalas dado que a normativa vixente establece que debe especificarse a ubicación deses acopios, pero a Deputación só indica que están en lugar seguro e vixilado
* Indican que poderían perderse algo máis 1,1 millóns de euros destinados ó mantemento e conservación das estradas provinciais porque eses cartos corresponden ó orzamento de 2008 e non poden transferirse ó de 2010
Lugo, a 17 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular alertou de que a Deputación só dispón de 1.167.945,61 euros para a conservación da rede viaria provincial durante os catro meses de contrato que quedan aínda vixentes.
Os populares lembran que o plan de conservación e mantemento da rede viaria provincial que se está a executar tén un orzamento de 9.438.620,60 euros e que iniciou o seu procedemento de adxudicación o 31 de outubro de 2008, con fondos propios de exercicio presupostario de 2008. As adxudicacións fixéronse en abril de 2009 e os contratos asináronse nese mesmo mes. Polo tanto, o plan de conservación da rede viaria provincial aínda se mantén en vigor durante catro meses do 2010.
Na opinión do grupo popular na Deputación, os algo máis de 1,1 millóns de euros dos que se disporá durante estes catro meses serán insuficientes para cubrir as necesidades existentes dado que algunha zona, como a oito, na que se inclúen A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna só contarán este cuatrimestre con 88.685,37 euros, e a zona de Pedrafita e Becerreá con 88.386,12 euros, cantidades similares ás das demais zonas.
ACOPIOS FORA DE TEMPO.-
O GPPP tamén indica que resulta sorprendente que as certificacións aprobadas a finais de decembro se refiran de xeito exclusivo a acopios de material, por un importe que ascende a 3.855.847,82 euros, máxime cando a esas alturas do ano a meirande parte das actuacións deberían estar xa rematadas.
Os populares suliñan asimesmo que as certificacións por acopio son consideradas na normativa vixente “operacións preparatorias” e ese mesmo reglamento establece que debe facerse constar na correspondente certificación o lugar onde se ubican eses acopios de material. A Deputación, sen embargo, só indica que se atopan “en una instalación cerrada y vigilada, por lo que no existe riesgo de hurto o deterioro”.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, considera ademais que este tipo de certificacións poñen en entredito a axilidade da Deputación. “Como os fondos do presuposto do plano de conservación en execución son de 2008, e xa se transferiron como remanente de crédito afectado de 2008 a 2009, sería técnicamente imposible transferilos de novo para 2010, porque a Lei de Facendas Locais así o indica. Por eso entendemos que as cousas non se están facendo como se debería: o procedemento de licitación e adxudicación foi extraordinariamente longo, e agora hai o risco real de perder 1.167.945,61 euros, precisamente porque non poderían transferir estes fondos de 2009 a 2010, dado que son orixinarios do orzamento de 2008”.
Como conclusión, González Barcia considera que a Deputación practica a improvisación en materia de conservación e mantemento de estradas e que adolece de falta de traballo. “A estas alturas, está sen aprobar o plan de conservación da rede viaria provincial, que debería substituir ó que se está executando actualmente e que remata a finais de abril, xa que por non estar, non está nin sequera aprobado o proxecto”.




















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



