RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo que a Xunta aposte polo porto comercial de Ribadeo como punto de interés estratéxico. O presidente de Portos de Galicia confirmou este mediodía en Ribadeo que non se fará a nave cuberta na ría.
O rexedor e o presidente de Portos estiveron “supervisando as obras que se están a realizar tanto na zona comercial como na deportiva. Hai que lembrar que houbo dúas actividades económicas ás que un talude se lles veu enriba hai meses, unha delas desapareceu por completo e a outra está nunha situación moi precaria. Eu pedinlle ao presidente de Portos de Galicia que axilice as obras de reconstrucción destas naves para que poidan desenvolver con normalidade as actividades empresariais que viñan realizando. Él foi sensible a este plantexamento e comprometéuse a axilizar esta cuestión ao máximo e a ver si é posible que o mes que ven dean comenzo as obras”.
Suárez Barcia engadiu que “á marxe desta cuestión gustaríame destacar e valorar de xeito moi positivo as palabras, e ogallá sexan máis que palabras bonitas, do presidente de Portos de Galicia sobre as intencións para o porto de Ribadeo de seguir apostando por él, de seguir potenciándoo, sobre todo nestes ámbitos que deron que falar hai un tempo e relativos a que porto comercial de Ribadeo siga a ser un porto principal de saída de pasta de papel da factoría que Ence ten en Navia”. O alcalde suliñou que “o presidente de Portos indicou que están estudiando diferentes actitudes para que a oferta do porto comercial de Ribadeo siga a ser a mellor desde o punto de vista económico para que a pasta de papel siga salindo por aquí, ao mesmo que tempo que descartou voltar ás andadas coa construcción daquela infausta terminal de carga e descarga, aquel edificio inmenso duns 27 metros de altura, que era unha especie de paraugas permanente para que os barcos puideran descargas as 24 horas do día. Está demostrado que non se perde máis do 5% de horas de traballo ao ano por cuestións climatolóxicas”.
Gran capacidade do porto ribadense
O rexedor ribadense insistiu en que “o porto de Ribadeo hoxe, onte e mañá ten unha capacidade de carga moi superior ao que está actualmente traballando. Decímolo desde Ribadeo, con coñecemento de causa, o noso porto pode procesar toda a ampliación de pasta de papel que poida vir desde Ence. Si a eso lle sumamos que hoxe e no futuro Ribadeo é o porto máis cercano a Ence, en custe económico de transporte segue a ser o máis operativo e o máis barato, si lle unimos tamén que Portos de Galicia estudiará a posibilidade de ofrecer unhas taxas máis baixas, penso que será unha proposta que non se poderá rexeitar”.
Fernando Suárez tamén se referiu a FEVE “algo do se ten falado desde a outra banda da ría, e aquí tamén podemos ser moi operativos neste sentido. Temos unha parcela de aproximadamente unha hectárea a carón do polígono industrial de Ribadeo que limita coa vía férrea e que está ao pé do nudo da circunvalación que vai dar ao porto comercial. Alí poderíase facer unha terminal para que Feve acopie e procese a carga que puidese vir por vía férrea a Ribadeo”.
O alcalde comentou ademáis que “non hai quen compita con Ribadeo en canto á loxística no proceso de transporte de pasta de papel na que é fundamental a mínima manipulación, dado que en tempo real poden cargar en Navia e descargar xa na bodega do barco aquí en Ribadeo sen máis manipulación. Algo co que difícilmente pode competir o porto de Xixón”.
Dumping
Suárez Barcia suxírelle ao presidente de Portos de Galicia “de boa fé e con ánimo de colaboración que a Xunta vixíe. Estamos a falar de empresas privadas e debemos desde Galicia acondicionar os nosos portos e as nosas capacidades para ser atractivos para atraer inversión, pero debemos vixiar que outros gobernos autonómicos non fagan prácticas de dumping que están perseguidas polo Tribunal de Competencia, porque moito nos tememos que todo esto sexa unha práctica para poñer en valor o porto comercial de Xixón que non ten carga de traballo dabondo e por iso prefira que o goberno autonómico asturiano subvencione a unha empresa privada para que lle sexa rentable. De aí que o goberno galego deba mirar ese aspecto para que eso non se dea porque o dumping nin aquí, nin nos hipermercados, nin nos comercios está permitido, é dicir vender a prezo máis baixo do custe, e a administración pública non pode entrar nestas prácticas de dumping”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



