NOTA DE PRENSA:
O Concello de Cervo pasou de recibir do organismo provincial 61.413 euros en 2008 aos 42.494 euros outorgados en 2009
O PP DE CERVO CREE QUE A DEPUTACIÓN PRETENDE “AFOGAR” O BENESTAR SOCIAL DO MUNICIPIO MINGUANDO AS AXUDAS AO CONCELLO
* O Ente provincial reduce as axudas por este concepto de mais dun 30%
* Punto de Atención á Infancia e Asistencia no Fogar principais servizos que sofren o recorte de axudas por parte da Deputación
Cervo, 1 de febreiro de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere denunciar o recorte de axudas imposto pola Deputación de Lugo ao Concello de Cervo nas áreas relacionadas co Benestar Social.
O pasado xoves, 21 de xaneiro, o boletín oficial da provincia (BOP) recollía a listaxe de subvencións concedidas aos municipios da provincia pola Xunta de Goberno da Deputación en materia de Benestar Social, Igualdade e Xuventude destinadas a gastos correntes, de inversión e de actividades e equipamentos no ano 2009. Segundo a devandita relación, o noso Concello percibirá un total de 42.494,97 euros, un 30,81% menos do que recibiu no ano 2008 (61.413,70 euros) por este mesmo concepto.
Para o Partido Popular de Cervo esta mingua nas axudas da Deputación non ten outro obxecto que tentar “afogar” os servizos destinados á conciliación familiar e laboral e a asistencia aos maiores que posúe o Concello de Cervo. Concretamente, o servizo máis afectado por esta redución é o Punto de Atención Infantil (PAI), o cal pasou de recibir da Deputación 54.282,96 euros no 2008 a 35.421,08 euros en 2009 (un 34,74% menos). Ademais tamén sofren un recorte as axudas provinciais referidas ao servizo de asistencia no fogar e as dirixidas á organización de actividades de ocio.
OBSESIÓN NACIONALISTA
Compre lembrarlles aos responsables do bipartito provincial que se hoxe as familias do municipio de Cervo dispoñen dun servizo das características do PAI -o cal ten por obxecto garantir a atención e coidado dos nenos de 7 meses a 3 anos nos estadios previos a súa incorporación ao colexio e que constitúe un recurso moi positivo para colaborar na difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar- é grazas a que no ano 2002 o Goberno municipal do Partido Popular o creou como mostra do seu compromiso coa mellora dos servizos públicos municipais. Dende aquela, tanto PSOE coma BNG non teñen parado na súa obsesión de criticalo e torpedealo a través dunha drástico recorte de axudas cando estiveron á fronte da Xunta, e agora fan o mesmo dende a Deputación de Lugo, onde tamén gobernan da man. Aínda así, os populares de Cervo temos a convicción de que o Goberno municipal seguirá a facer os esforzos necesarios para garantir a continuidade do PAI.
Esta redución nas subvencións é aínda máis chamativa se temos en conta que os responsables en concedelas son precisamente os nacionalistas, ao seren eles os que ostentan as responsabilidades de Benestar Social, Igualdade e Xuventude da Deputación. Estes señores retrátanse unha vez máis: Mentres na prensa se lles enche a boca en criticar a labor do grupo e Goberno municipal en materia de Benestar Social e asistencial, nos papeis oficiais amosan a súa verdadeira faciana e deixan ben as claras que o seu compromiso cos maiores, mozos e nenos deste concello tradúcese nun recorte substancial das axudas para eles.
RURAL
Así mesmo, temos que lembrar que esta mingua nas axudas provinciais no eido social vénse a sumar a outros recortes sufridos no Concello de Cervo nesta materia, coma foi o da supresión do servizo de internet no rural. Neste caso os artífices de que os centros sociais das parroquias do municipio se viran privados de conexión a internet foron os responsables socialistas da Deputación. Aínda a pesares de que o Concello mantén aberto de xeito regular estes locais, dende a Deputación argumentouse o corte do servizo con escusas tan peregrinas coma o pouco uso que se facía del e sen dar ningún tipo de opcións alternativas aos seus usuarios habituais.
Por todo isto, dende o Partido Popular de Cervo pensamos que se a estes recortes perpetrados por socialistas e nacionalistas dende a Deputación lle sumamos que todos os municipios, en maior ou menor medida, veñen alertando nos últimos meses de que os ingresos directos que perciben vía impostos están minguando de xeito alarmante, non é esaxerado concluír que o único obxectivo dos actuais responsables provinciais non é outro que o de asoballar a certos municipios coa súa política de axudas clientelistas.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



