Rosa Díez tennos acostumados ás súas saídas de ton, ben calculadas na procura dun efecto mediático e electoral, respecto da nosa identidade como pobo. Tamén os veciños asturianos teñen padecido as súas gadoupas verbais tinxidas de pensamento autoritario e fascista. Proclamar aos catro ventos que o galego só serve para falarlle ás vacas, ou vir dicir a Llanes que a lingua oficial do Principau de Asturies é o castelán e que o demais só son o “dialectos o formas de hablar” (quen sabe se só válidos para os que usan madreñas), son varios dos abondosos exemplos desta actitude despectiva cara as linguas minorizadas.
E de novo volveu chover sobre mollado. Xa se referira ao señor Feijoo como “muy gallego” (por suposto que en sentido negativo), e agora volve a insistir no uso ofensivo do noso xentilicio en alusión aos señores Zapatero e Rajoy (mira ti por onde, dous paxaros dun tiro). O presidente do goberno español é galego no sentido pexorativo do termo (?); Rajoy, tan só é galego. O cariz xenófobo e racista do vocabulario empregado por Rosa Díez cualifícase por si só. Disimular agora dicindo que só o afirmaba en sentido coloquial é ridículo.
Cando hai tempo houbo distintos colectivos (políticos, sociais e culturais) que solicitaron que se retirara a acepción de “gallego”como sinónimo de parvo ou tatexo houbo quen considerou que non viña a conto, que había problemas máis importantes que resolver. De tales actitudes recollemos agora estes froitos. Cando non nos facemos valer por nós mesmos, hai quen aproveita para usarnos interesadamente denigrándonos publicamente só porque cre que lle é rendíbel electoralmente. Vaia por diante que non creo que toda España pense así. Pero o resaibo de nacionalismo español que de novo rolda pola escena política fai aflorar estes vellos prexuízos.
Hai algo que esperta a miña curiosidade. Sendo como é esta muller a líder de UPyD, que pensarán os seus representantes políticos en Galiza? Serán tamén “muy gallegos” no sentido que lle dá Rosa Díez? Como imos poder pensar que estas persoas van ser quen de defender o noso se ante afirmacións deste tipo calan e outorgan? Mexan por eles e din que chove? Non quero nin imaxinar a imaxe de Rosa Díez pedindo o voto nunhas eleccións á beira da dos candidatos e candidatas de UPyD.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



