LOURENZÁ .- Co gallo do “Día da Muller Traballadora” organizan en Lourenzá unha charla na que tentarán facer un percorrido polo papel que xogou a muller ao longo das diferentes épocas da historia, segundo indica a responsable da Muller de Lourenzá, María Guadalupe Flórez Seivane.
Nota de Prensa
Vimos de programar dende a Concellería da Muller, co gallo do Día da Muller Traballadora.
Trátase dunha charla que, baixo o título “O tempo e a muller”, tentará facer un percorrido polo papel que xogou a muller ao longo das diferentes épocas da historia. Organízase conxuntamente co C.I.M. (Centro de Información ás mulleres) de Mondoñedo; e terá lugar o vindeiro martes, 9 de marzo, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Lourenzá.