SANTIAGO .- A Comisión Europea vén de autorizar, logo de 12 anos de “moratoria” o cultivo dunha pataca transxénica e 3 variedades de millo, anunciou a asociación ecoloxista ADEGA. “O novo monstruiño da BASF, The Chemical Company, a “Amflora”, está manipulada para producir máis almidón e contén xenes que confiren resistencia a antibióticos. A Amflora empregarase na industria do papel e biocombustíbeis, mais BASF non descarta o seu uso en pensos animais.” explican en ADEGA
REFERENCIA
Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos
Marzo de 2010. A Comisión Europea vén de autorizar, logo de 12 anos de “moratoria” o cultivo dunha pataca transxénica e 3 variedades de millo. O novo monstruiño da BASF, The Chemical Company, a “Amflora”, está manipulada para producir máis almidón e contén xenes que confiren resistenza a antibióticos. A Amflora empregarase na industria do papel e biocombustíbeis, mais BASF non descarta o seu uso en pensos animais. Deste xeito, os xenes manipulados da pataca chegarán até nós pola vía da carne animal, mediante a hibridación coas patacas traicionais e a contaminación dos alimentos, permitida pola CE até un máximo do 0,9% (por ingrediente) sen necesidade de que apareza na etiqueta. Bo proveito!
Malia a que a OMS tiña sementado dúbidas sobre a seguridade deste transxénico e o Instituto Pasteur pedira que non se comercializara o xene, a CE acabou cedendo ás presións do lobby biotecnolóxico dos “5 grandes” (BASF, Pioneer, BAYER, Monsanto e Syngenta) e autorizou o cultivo de novos OMXs, antepoñendo os intereses empresariais á seguridade alimentar e ao medio ambiente. A Amflora contén xenes marcadores que lle confiren resistenza a antibióticos que, malia a recoñecelo a propia EFSA, “non constitúe un risco relevante”.
Esta mesma axencia europea que lle acaba de dar a beizón á “Amflora” asegurando que non supón perigo algún para a saúde, xa metera a pata co millo transxénico MON863, que despois recibir todos os parabéns, amosou a súa toxicidade en ensaios de laboratorio provocando subas de tensión e incremento do azucre en sangue.
Apesar de que esta pataca non está (aínda) autorizada para consumo humano, a súa sementeira contaminará a produción das colleitas convencionais. Quen pode impedir que o pole transxénico fertilice os cultivos tradicionais, contaminándoos, ou que os tubérculos que queden soterrados trala colleita non agromen reproducindo os episodios de contaminación? Deste xeito, e aínda que a produción adicarase fundamentalmente á fabricación de papel e a abastecer o mercado dos biocombustíbeis, a súa autorización para pensos compostos fará que os compoñentes manipulados cheguen até nós através da carne do gando e da marxe de “contaminación” tolerada pola norma europea (até un 0,9% por ingrediente), sen a obriga de reflectilo na etiqueta.
Este é outro exemplo do control e a influenza que as empresas biotecnolóxicas teñen sobre os nosos alimentos, o noso agro e as nosas vidas. E as institucións, quer a Comisión Europea ou o estado español, primeiro produtor de transxénicos de Europa, son cómplices do desprezo pola saúde humana e ambiental ao autorizar estes Frankenstein nos nosos campos e nos nosos pratos.
A ministra Espinosa segue negándose a facilitar a ubicación exacta das parcelas con transxénicos en Galiza, incumprindo a Lei 27/2006 de Dereito ao Acceso á Información Ambiental e as sentenzas europeas (sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza C-552/07 Azelvandre). Deste xeito, a cidadanía e os labregos ficamos inermes fronte aos riscos dos transxénicos e nen sequera temos dereito a saber onde se cultivan exactamente (hai 5 peticións de ensaios para este ano en Galiza en Mesía, Ribeira, Vilalba e Chantada)























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



