XOVE .- Cos votos a favor dos grupos municipais do PP, AVEXO e PSOE e a abstención do BNG, a corporación de Xove acordou en pleno a aprobación provisional do PXOM “despois de máis de 10 anos de tramitacións e xestións”.
NOTA DE PRENSA
SESIÓN ordinaria Do PLENO DE 15 DE MARZO de 2010.
1º) Aprobación dos borradores das actas de sesións anteriores de data 18 de xaneiro e 22 de febreiro de 2010.
Aprobado por unanimindade. Acórdase, de agora en diante, enviar as actas por email aos membros da Corporación.
2º) Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove. Aprobación Provisional. Adopción de acordo.
Tódolos grupos da Corporación (PP, AVEXO e PSOE), menos o BNG, estiveron de acordo en que a aprobación provisional do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO, dado que, despois de máis de 10 anos de tramitacións e xestións, como oportunamente aportou o Arquitecto Municipal, se agora houbera que modificalo, posiblemente o Concello tería que esperar varios anos máis para súa aprobación, o que suporía unha importantísima merma nas posibilidades de futuro do noso Concello.
Na última revisión que se fixo, recolléronse basicamente as 373 reclamacións realizadas polos veciños e afectados polo Plan. O BNG fala de que se deixou pouca Superficie de Protección Agraria e moita Protección Forestal; a isto, a maioría constestoulle que unha boa parte das alegacións veciñais foron neste sentido, dado que, algo que esta conceptuado como forestal pódese revertir a agrario, pero non ao revés. As reclamacións dos veciños e afectados foron maioritariamente neste sentido, optando por un modelo flexible que lles permita, nun determinado momento, pasar dunha superficie e un cultivo forestal a outro agrario.
Levada a cabo a votación, votaron a favor o PP, AVEXO e PSOE, absténdose o BNG.
3º) Expediente de modificación de créditos do orzamento municipal de 2010, Nº 3/2010 por importe de 90.500´00 €. Aprobación Inicial. Adopción de acordo.
Con este expediente de modificación de créditos, dende o Concello preténdese desenvolver as seguintes obras:
-Adquisición dunha finca en A Vara para posteriormente mellorar o cruce das estradas de titularidade provincial por motivos de seguridade vial.
-Obra de acondicionamento de viais en Agramonte, a incluir dentro do plan provincial de infraestructuras de concellos de menos de 5.000 habitantes.
-Obra de acondicionamento dunha área na Biblioteca Municipal de Xove para sala de lectura infantil.
-Por último, resulta necesario proceder ao arranxo da cuberta do Centro Social de Vilachá tras comprobar o deterioro da mesma.
Denominación Consignac. Final
Finalidade
Urbanismo. Adquisición de terrenos 50.000,00
Adquisición dunha casa e finca en A vara (P. 23/10)
Vias públicas. Investimento de reposición 10.500,00
Acondicionamento viais en Agramonte (P. 24/10)
Carreteras. Investimento de reposición en infraestructuras 12.000,00
Mellora cruce carreteras en A Vara. (P. 25/10)
Bibliotecas e arquivos. Reparación de edificios 5.000,00
Sala de lectura infantil en biblioteca
Participación cidadá. Investimento en edificios 13.00,00
Arranxo da cuberta centro social Vilachá
90.500,00
Acrodouse, por Unanimidade, aprobar este expediente de modificación de créditos.
4º) Moción do BNG sobre a reforma do sistema de pensións. Adopción de acordo.
Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE.
5º) Moción do BNG sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.
Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE.
6º) Moción do BNG sobre a gratuidade dos servizos de desinfección de vehículos de transporte de gando. Adopción de acordo.
Esta moción foi aprobada cos votos do BNG, PSOE e AVEXO. Pola súa banda, o equipo de goberno votou en contra dado que se trata dunha medida de aforro, que neste intre están seguindo a maioría das comunidades autónomas; neste caso, o Alcalde referiuse ao Concello de Santiago de Compostela, gobernado polo BNG e o PSOE, no que se está a aplicar o mesmo sistema que o da Xunta, polo que non se entende moi ben a moción. Ademáis a Xunta subvenciona o 40´5 % do custo deste servizo.
7º) Moción do BNG sobre o 8 de marzo Día Internacional das Mulleres. Adopción de acordo.
Esta moción foi moi criticada polo grupo de goberno, dado que non considera aceptable aproveitar o Día Internacional da Muller para criticar á Xunta por este tema , cando do que se trata, e é o máis lóxico, é de que neste Día tódolos grupos e colectivos se unan entorno á defensa dos dereitos da muller.
BNG e PSOE votaron a favor, o PP votou en contra e AVEXO abstívose.
8º) Moción do P.P. sobre o sistema de pensións. Adopción de acordo.
Nesta moción, o PP foi moi crítico, sobre todo polo recorte das pensións que afectan a uns 115.000 galegos, xa que, inda que as pensións creceron un pouquiño, o aumento do IRFP fixo que realmente disminuiran, ousexa, que en teoría a xente cobra máis, pero na realidade leva menos cartos para casa.
Votaron a favor desta moción o PP e AVEXO, absténdose o BNG e o PSOE.
9º) Moción do P.P. sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.
Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE. Loxicamente, o mesmo resultado que no punto 5º.
10º) Moción do P.P. de apoio ó recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Adopción de acordo.
Nesta moción, o Alcalde resaltou os beneficios de todo tipo, especialmente turísticos, que o recoñecemento do Camiño do Mar tería para o noso e os restantes concellos da cornisa ata O Ferrol. Tódolos grupos estiveron de acordo, polo que foi aprobada por unanimidade esta moción.
11º) Designación de Xuiz de Paz substituto. Adopción de acordo
Foi nomeada como Xuiz de Paz substituo Dª María Dolores Suárez Oliver, acordo que se tomou por unanimidade.
12º) Rogos e Preguntas.
Non houbo rogos nin preguntas.
























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



