A Biblioteca Pública de Foz ven de organizar, dende hai algúns anos, co gallo da festividade de San Valentín, patrono dos namorados, un concurso de poemas co fin, supoñemos, de estimular a creatividade poética, e nengún tema mellor que o do amor, pois como dixera Lope de Vega “ el amor fue el inventor de los poemas”, O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brillantes páxinas da literatura universal, primeirísima fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores das mais diversas artes; acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos. Precisamente o xénero poético distínguese doutros modos por transmitir sentimentos, emocións e pensamentos a través de diferentes recursos expresivos, imaxes e metáforas. A definición mais axeitada de poesía acaso sexa aquela que se corresponde co “arte de expresar a beleza e o sentimento estético por medio da palabra, en verso ou en prosa”; aínda que Bécquer expresouno de xeito tan romántico con aquela coñecida “ritma”: “Qué es poesía, dices / mientras clavas en mi pupila tu pupila zul. / ¿qué es poesía?.¿ Y tú me lo preguntas? ¡poesía eres tú.”
Íntimamente ligada á poesía marcha a música. É tanto así que antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade, por eso ámbalas dúas – música e poesía – van tan unidas, ó punto que ésta represéntase por unha lira, que é instrumento musical. A arte e, polo tanto a música, así como os sentimentos, están unidos de maneira inseparable co intelecto. Calquera representación artística ou humana é portadora de sentimentos, aínda sen que o propio individuo o pretendera ó realizala. Todos sabemos que o amor é o sentimento de maior pegada do ser humano.
O amor, a poesía e a música, non son só inspiración, senon tamén intelixencia, coñecemento e forza de vontade como, unha vez mais, poidemos apreciar o sábado pasado, día 6 de marzo, no acto organizado pola biblioteca pública de Foz para a entrega de premios do certame de San Valentín, a través da aleccionadora intervención do noso poeta de Nois, Paco Rivas, excelente rapsoda, e a brillante actuación de Escolma de Meus, que pon no ar a ledicia das súas vellas melodías, románticas e nostálxicas, para goce, sobre todo, dun público de case que esquecidas vivencias. Pero xa se sabe que para o amor non hai idades nen fronteiras…
Suso Fernández



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



