Nota de Prensa
OS NACIONALISTAS SATISFEITOS DE QUE POR FIN SE ENTREGUEN AS VIVENDAS DE RÍO COVO NON COMPARTEN OS ACTOS DE AUTOBOMBO AO QUE O PP VOLVE SOMETER AOS ADXUDICATARIOS
E o PP quen ten que dar explicacións sobre o retrasos na execución e entrega destas vivendas que foron anunciadas polo goberno local en 2001
A recuperación dos actos públicos nunha entrega de vivendas sociais non e mais que o sometemento dos adxudicatarios á propaganda e autobombo do PP
Sería bo que o Conselleiro aproveitara a súa asistencia ao acto de entrega para anunciar novas vivendas sociais en Cervo
Cervo, 17 de marzo de 2010. O BNG mostrouse satisfeito de que por fin se faga entrega das vivendas sociais de Río Covo que foron executadas pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo en 2005, 4 anos despois de que o goberno municipal as anunciara en 2001. Os nacionalistas lembran que a anterior Consellaría de Vivenda e Solo abriu o proceso de adxudicación provisional en decembro de 2006 e o goberno municipal, responsábel deste trámite, aínda non tiña resolto este proceso en abril de 2008. A adxudicación definitiva foi resolta pola Comisión de Vivenda en abril de 2009, aínda polo anterior goberno galego, e tiveron que pasar 11 meses para que se entreguen aos seus adxudicatarios. Para o BNG os responsábeis dos retrasos na entrega das vivendas están claros, catro anos para o inicio da construción, dous para adxudicación e case un para a súa entrega, suman oito anos nos que o PP no goberno da Xunta, no goberno local e finalmente na Xunta tiveron a responsabilidade de adiantar todo o proceso.
A satisfacción pola entrega destas vivendas non se corresponde cos actos de autobombo co que o PP somete aos seus adxudicatarios.
Os nacionalistas cervenses non comparten a recuperación por parte do Partido Popular dos actos públicos na entrega de vivendas sociais, anulados polo anterior goberno galego. O BNG satisfeito de que por fin se faga entrega das chaves das vivendas sociais de Río Covo, “matizan que este tipo de actos de entrega non debería producirse xa que aos adxudicatarios non se lles regala nada, cúmprese coa responsabilidade social dunha administración pública na construción de vivendas a prezo taxado que deberán pagar os seus adxudicatarios”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, acusou ao Partido Popular de pretender atribuírse méritos que non lles corresponden a conta duns adxudicatarios despois de ter oito anos parado o proceso de construción e adxudicación”
O único mérito do PP nas vivendas de Río Covo está na cesión dos terreos, mais tamén ten o demérito de atrasar a súa entrega durante oito anos.
Estúa lembrou que foi o goberno local quen anunciou a construción destas vivendas en 2001 e ate o cambio de goberno en 2005 non se iniciou a súa construción pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo, que xa en decembro de 2006 notificou ao concello que debía abrir o proceso de preselección, e este tardou dous anos en inicialo. O nacionalista incidiu na crítica ao retraso na adxudicación ao lembrar que entre a posterior adxudicación definitiva en abril de 2009 e a entrega o vindeiro luns pasou case un ano no que o PP xa estaba ao mando do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para Estúa “o único mérito do PP nestas vivendas está na cesión dos terreos á Xunta, mais tamén ten o demérito de retrasar o proceso de construción e entrega definitiva durante oito anos”
Sería unha boa noticia que Agustín Hernandez aproveitara o acto de entrega para anunciar novas vivendas de promoción pública
Para o BNG sería unha boa noticia que Agustín Hernandez, Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, que acudirá á entrega das vivendas sociais de Río Covo aproveitara para anunciar a novas vivendas sociais en Cervo. Para Estúa, con este anuncio daríase cimprimento a compromisos electorais do concelleiro e Parlamentar cervense, José Manuel Balseiro, que as estivo reclamando durante os últimos anos ao mesmo tempo que comprometía como Tte de Alcalde cervense, a cesión de terreos para a súa construción.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



