RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo podería obter a certificación de Municipio Familiarmente Responsable nun acto que se celebrará en Madrid. Deste xeito converterase nun dos seis Concellos pioneiros no mundo na implantación deste modelo que contribuirá ao benestar e mellora da calidade de vida de todo o concello. Antes, o día 6 de abril terá lugar en Ribadeo a auditoría de certificación.
A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “estaremos nun acto en Madrid avalado polos Ministerios de Sanidade e Traballo e creo que acudiremos a recibir esa certificación, a expoñer a política de igualdade do Concello de Ribadeo e tamén a difundir o noso concello”. A edil nacionalista considera que “se conseguimos esa certificación Ribadeo estará visible a nivel turístico xa que temos un tempo onde debemos levar a promoción e o coñecemento do noso Concello para facer esa presentación e outra parte importante será explicar o que facemos no noso concello pensando que somos un concello minúsculo para as dimensións dos outros participantes xa que nós temos 10.000 habitantes e os outros están en 80.000 ou 200.000…”.
Álvarez Lastra dixo que “neste proceso a Ribadeo se lle facilitou estar porque era interesante non só ver as políticas e a xestión dun modelo de certificación de calidade para concellos de grandes dimensións que sempre é máis facilmente aplicable. Eramos atípicos e temos que dar as grazas á Fundación porque nos deron un montón de facilidades para que puidéramos asistir e entendemos que todo esto marca un punto importante xa que haberá proxectos, subvencións, opcións de actividades… que esixan nun determinado momento que os Concellos estean adheridos ou sempre teremos nós unha puntuación superior cando optemos a determinados proxectos por contar este certificado”.
Este Modelo de Municipio Familiarmente Responsable constitúese como ferramenta da alcaldía para estender e implantar os contidos de distintas políticas formais, consideradas familiarmente responsables: estabilidade no emprego, flexibilidade laboral, apoio profesional, apoio á familia, conciliación e apoio á integración e á igualdade de oportunidades, especialmente de xénero. Segundo explicou Luisa González, responsable técnica do MFR, “para levar a cabo esta implantación e a súa eficacia precísase da participación de todos e todas, dando a coñecer as necesidades existentes e puntos de mellora, para o cal realizaranse enquisas en todos os sectores durante o presente e o vindeiro ano”.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



