RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, rexeita as críticas realizadas nos últimos días desde Upri e tacha o seu portavoz de “mentirán, oportunista, ilusionista e interesado”.
O edil nacionalista dálle as grazas a Francisco Rivas por ter pedido a súa dimisión “porque como di un veciño meu si piden a túa dimisión é porque traballas ou aquela de ladran logo avanzamos. Ao falar de incompetente debe referirse a outro porque na miña vida profesional tiven cargos de moita responsabilidade, quince anos nunha empresa privada cunha nota de sobresaliente cando deixei de traballar nela e a continuación fíxenme funcionario da Axencia Tributaria, onde tamén tiven cargos de responsabilidade como moi ben podo demostrar si fose mester”.
Cupeiro rexeitou as acusacións de mentireiro verquidas desde Upri. O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “eu as cousas que digo é porque as podo demostrar. Vostede si que é un grande mentireiro porque andou enganando polas parroquias os veciños dicindo que lles ían tirar as casas porque se aumentaba o ancho das rúas. Á miña casa e polas aldeas cando vou atopeime xente chorando e pedíndonos clemencia porque vostede lles andaba argumentando todo iso. Tamén tentou convencer aos veciños para nos puxesen dificultades coa depuradora”.
Horacio Cupeiro asegurou que Francisco Rivas “mentiu e minte ao dicir que o vertedoiro selado estaba correctamente cando nin o biogás nin os lixiviados se trataban de xeito adecuado e ademais non lle dixo ao pobo o que reflicte un documento que teño aquí diante dos meus ollos e que di como consecuencia dos verquidos de máis de 17.000 metros cúbicos de terras que non foi autorizado pola Consellería de Medio Ambiente houbo que incrementar o presuposto de selado do vertedoiro de 104 a 111 millóns das antigas pesetas. E señor Rivas a terra esa ¿de onde veu? ¿sería a que veu do Eroski?. Mentiu tamén cando dixo que ía solucionar o problema do mercado, xa se viu o que conseguiu armar un lío igual que fixo coa liña de alta tensión dicindo que si sabíamos, que se non…agora resulta que ninguén di nada porque a vai marcar a Xunta. E mentira tamén é presuntamente ir a Madrid no coche dun amigo e pasarlle ao Concello os gastos de quilometraxe”. O responsable de Medio Ambiente considera que o voceiro de Upri “non é persoa máis axeitada para botarme en cara o da dignidade porque vostede aínda que o machaquen a labazadas non se pon colorado”.
Balance do traballo realizado
Horacio Cupeiro fixo un balance do traballo realizado ao longo deste mandato “quérolle explicar a Francisco Rivas o que fago nas horas que paso no Concello porque parece que lle preocupa moito iso. Conseguín un tractor rozadora e un camión do lixo, solucionar o problema que me deixou do vertedoiro selado e a tramitación de Reny Picot, solucionar o problema de selado da fábrica de algas, implantar a recollida de cartón porta a porta, a instalación de contedores para a recollida do aceite de fritura, as melloras na recollida selectiva onde pasamos do 52 ao 30% de indebidos, a limpeza de contedores de xeito gratuíto, o núcleo de sostibilidade, a reserva da biosfera na que estamos a participar, a limpeza de toda a costa que se está a rozar de xeito gratuíto, o baleirado das fosas sépticas das Catedrais cada dous días…”.
O concelleiro nacionalista engadiu “xunto co alcalde de Ribadeo participei na xestión e consecución dos aparcadoiros das Catedrais, as rutas de sendeirismo, o tren mineiro con proxecto en marcha, as cetáreas de Rinlo, os contedores soterrados en Rinlo e en Ribadeo, o estudio arqueolóxico do Castro das Grobas, o recoñecemento da Consellería polos cambios do alcance do EMAS, a axenda 21 escolar, a participación de Ribadeo na asociación de Concellos entre Asturias e Galicia, a loita pola residencia de enfermos de alzheimer de Ove, a reparación das Casa da Ría que acolleu os encontros de astronomía e Estalmat, a Q de calidade das praias, as bandeiras verdes, a organización das xornadas medioambientais con carácter bianual e de xeito austero… a colocación de contedores para a recollida do vidro, e vostede señor Rivas moito oportunismo, un gran ilusionista, un mentiroso e un interesado”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



