BARREIROS (FNC). Cos votos favorables de PP, PSOE e INDEBA e a abstención do BNG quedou aprobado no día de hoxe, nun pleno extraordinario e urxente, o borrador do convenio urbanístico ao que a Xunta dará luz verde no vindeiro mes de abril.
O alcalde, Alfonso Fuente, califica de moi satisfactorio o documento, unha conclusión á que chegou “despois de ler o borrador do convenio e de ver os investimentos que se realizarán no noso concello por parte da Xunta de Galicia, da Deputación e cunha aportación do Concello e da empresa públicas Obras Hidráulicas”. O rexedor trasladóulles aos concelleiros barreirenses que “é un convenio cunha partida histórica para o noso concello, que dotará a todo o solo urbano dun grao de urbanización que a día de hoxe ainda non existe en moitos concellos galegos”.
Fuente Parga aludiu tamén á partida que o Concello terá que aportar neste convenio urbanístico e sinalou que “dita partida ascenderá a 1.225.000 euros porque se está a esperar á transferencia da N-634 por parte do Ministerio de Fomento. Éste tería que aportarnos entorno a 1.400.000 euros e o Concello tería que poñer, como digo, 1.225.000 euros no ano 2013. Si temos en conta que este investimento é para tres anos sairían menos de 500.000 euros ao ano, que é a partida que xa o Concello viña incluindo de investimentos no seu presuposto anual”. O rexedor seguiu a relatar que “a nosa aportación supón o 8’64% do total do presuposto do convenio, si para 14 millóns de euros que se investirán no noso concello nós temos que poñer esa porcentaxe a cifra está moi distante do 50 ou do 60% que o Concello ten que poñer noutros convenios. Esto suporá tamén un investimento por habitante de 4.431 euros por habitante nestes tres anos no noso concello, algo que está moi por enriba dos realizados por outras administracións na Mariña lucense e no Concello de Barreiros”.
Alfonso Fuente asegura que “nos catro núcleos urbanos que son San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante haberá un grao de urbanización do 100%, melloraránse todos os servizos e o máis importante é que o convenio nos liberará as partidas de investimentos do Concello para poder executalas nas parroquias do interior. É decir investimentos que tiñamos que vir facendo con fondos municipais na zona norte os destinaremos hacia a zona sur”. O alcalde barreirense considera que “o convenio favorece en xeral a todos os veciños do noso concello, é moi importante mellorar a rede de abastecemento de auga, a rede de saneamento, a iluminación pública…creo que no 2013 cando estea rematado todo este investimento aí estarán os resultados cunha urbanización envexable”.





















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



