Nota de Prensa
O GMS PEDIRÁ AO ALCALDE DE CERVO QUE OS PARADOS SEXAN INFORMADOS A TRAVÉS DAS TIC DAS OFERTAS OU PLANES DE EMPREGO
O GMS XA PEDIU NUN PLENO O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA INFORMAR AOS VECIÑOS DE ASUNTOS COMA EMPREGO OU POLÍTICA MUNICIPAL
CERVO, 9 DE MARZO. Visto que o concello de Cervo decideu contratar os servizos dunha persoa coma gabinete de comunicación e mantemento da páxina web municipal, o GMS vai demandar que se faga uso das TIC para facilitar o acceso á información sobre todo o relacionado co emprego ou xestión municipal.
Os socialistas xa demandamos en varias ocasións ao alcalde de Cervo, unha delas nun pleno, que a páxina web do concello fora posta ao día e que en ela se incluiran as actas das xuntas de goberno e as actas dos plenos. A día de hoxe, so se poden ver as actas ata xuño de 2008 e dende enton no se han actualizado as demais. Así mesmo, demandamos que se incluira tamén no portal as ofertas de emprego municipal, sen éxito.
USO ELECTORALISTA EN LUGAR DE USO SOCIAL
O alcalde non so se nega a actualizar a web no que se refire a estes asuntos que demandamos, senon que ademais utiliza este espazo público para facer propaganda e marketing electoral para lavar a súa devaluada imaxe. So así se entende que despois de que toda a corporación acudira ao encontro no que a Conselleira de Traballo anunciara a residencia da 3ª idade, na páxina web do Concello aparecieran soamente os concelleiros do PP, eliminando da foto selectivamente aos concelleiros da oposición.
Por todo isto, os socialistas demandamos que o gasto de 1700 € ao mes que costa o servizo de prensa e fotografia e de actualización da web municipal sexa empregado en beneficiar aos veciños, e non aos políticos e que posibilite o acceso á información da forma mais rápida posible, tal e coma demanda a sociedade nestes tempos de crise. Desta maneira, as ofertas de emprego poderian enviarse as persoas en paro do concello a traves de SMS, e-mail e a páxina web municipal axilizando e acortando os prazos e desprazamentos innecesarios.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



