Nota de Prensa
O GOBERNO LOCAL SEGUE METÉNDOSE EN LEAS XUDICIAIS A CONTA DA MALA XESTIÓN DOS RECURSOS MUNICIPAIS
O Xulgado suspende unha resolución da Xunta de Goberno pola que se requiría á empresa vendedora o pago dunha avaría do novo camión de recollida de lixo
O goberno local ordenou manipular o camión aínda en garantía danando o ordenador de abordo e a empresa vendedora argumenta a perda da garantía para non asumir os gastos da reparación
Este e un exemplo mais de mala xestión dos recursos e bens municipais
Cervo, 9 de marzo de 2010. O BNG fixo público un auto do Xulgado nº 1 de Lugo polo que se anula un acordo da Xunta de Goberno Local de 28 de agosto que reclamaba á empresa vendedora do novo camión de recollida de lixo os gastos dunha avaría provocada pola manipulación de persoal alleo a esta empresa o que supuxo a perda da garantía. Os nacionalistas denuncian outra volta a mala xestión dos recursos e bens municipais co resultado de ter que afrontar gastos innecesarios e a introdución do concello nunha nova lea xudicial.
A improvisación e a chapuza converten unha avaría menor que cubriría a garantía nun gasto de mais de preto de 10.000 euros e outra lea xudicial
A orde de manipular o camión do lixo o 2 de xuño de 2009, por unha avaría na grúa de descarga aplicando soldadura sen o illamento correspondente, provocou segundo a empresa vendedora, a avaría do ordenador de abordo do vehículo e a perda da garantía para unha reparación que a empresa vendedora presupostou en 6.785,62 euros. O goberno local “nunha curiosa decisión”, négase a deixar o vehículo nesta empresa e decide levalo a outra que factura as reparacións en 7.446,62 euros, ademais o desprazamento ao concello de Oleiros de tres operarios municipais, un chofer durante 2 días, un mecánico 3 días e o encargado 1 día, o que supón segundo os cálculos municipais uns gastos de 1.352,37 euros, co que a suma total de gasto chega aos 8.798 euros. Para rizar o rizo o goberno local toma a decisión en Xunta de Goberno celebrada o 28 de agosto de 2009 de reclamar á empresa vendedora o gasto orixinado e anuncia a retención do aval do contrato de compra do camión por unha cantidade case idéntica ao reclamado, 8.742 euros.
O auto do Xulgado nº 1 de Lugo deixa en suspenso a reclamación aprobada pola Xunta de Goberno de 28 de xuño polo que se reclamaban 8.798 euros á empresa vendedora do camión.
A suspensión xudicial do acordo da Xunta de Goberno Local polo que se reclamaban á empresa vendedora do camión os gastos producidos pola avaría “non e mais que a primeira consecuencia da sucesión de despropósitos na xestión do goberno local que improvisa e non pensa as súas decisións”. “Os nacionalistas cervenses non saben si as decisións do goberno local veñen por iluminación divina ou terreal, o que si saben e que deberían cambiar de asesoría”, “non e de recibo que ademais de facer chapuzas estas lles custen cartos á cidadanía e que unha avaría simple se converta nunha grave e remate nos xulgados”, denunciou o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, que engadiu á factura de reparación do camión por 7.446 euros e aos gastos de desprazamento de persoal municipal por 1.352 euros, a de aluguer de outro para atender o servizo de recollida de lixo, do que constan facturas por 1.044 euros co que a suma total ascende a mais de 9.800 euros.
Os nacionalistas seguen poñendo exemplos de mala xestión dos recursos municipais en Cervo
O BNG de Cervo segue no seu empeño de facer partícipe á opinión pública da mala xestión do goberno local dos recursos e bens municipais, nesta ocasión poñen como exemplo a avaría do motor cargador do novo camión do lixo que pasa de ser un problema menor a converterse nunha lea xudicial pola precipitación nas decisións das persoas responsables de tomalas. Para Xoán Estúa, e de “perogrullo” saber que un produto en garantía non debe ser manipulado por mans alleas ao provedor, xa que isto provoca a perda dos dereitos de garantía, pero ademais e inadmisíbel que non admitir isto teña como consecuencia unha avaría mais grave e incremento da reparación da avaría en mais de 2.000 euros e que todo acabe no xulgado. O nacionalista referiuse a este caso como unha cuestión menor, mais puxo este exemplo como dato a valorar de cómo se xestionan os recursos públicos en Cervo.

















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



