CERVO .- A Concellería de Asuntos Sociais de Cervo programa dúas excursión para xubilados e pensionistas a Silleda e Santiago. As persoas interesadas deberán ser ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez, poder valerse por si mesmo e estar empadroado no Concello de Cervo.
Nota de Prensa
O Concello tamén está a ultimar os actos do XXVII edición do Día do Xubilado
A CONCELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS ORGANIZA PARA OS PENSIONISTAS DO CONCELLO EXCURSIÓNS A SANTIAGO E Á SEMANA VERDE DE GALICIA
* Os maiores interesados en participar deberán formalizar a súa inscripción na Casa da Cultura de San Ciprián
Cervo, 9 de marzo de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada Carrete, ven de anunciar a celebración nos vindeiros meses de dúas excursións para os xubilados e pensionistas do termo municipal.
A primeira destas viaxes organizadas dende o Concello de Cervo será a Santiago de Compostela có gallo da celebración do ano xacobeo e terá lugar o 25 de abril; mentres que a outras excusión realizarase o 13 de xuño a Silleda para asistir á Semana Verde de Galicia.
As persoas que desexen participar nestas viaxes deberán cumprir os seguintes requisitos:
* Ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez.
* Poder valerse por si mesmo.
* Estar empadroado no Concello de Cervo.
Os prezos das excursións é o seguinte:
* 20 euros para a viaxe a Santiago (no prezo inclúese o desprazamento e a comida en Santiago)
* 10 euros para a viaxe a Silleda (o prezo inclúe o desprazamento e a entrada ao recinto feiral)
As persoas interesadas en participar nalgunha destas viaxes deberá formalizar a súa inscrición nas oficinas municipais da Casa da Cultura de San Ciprián mediante o pago das cantidades correspondentes (segundo cada excursión). Os prazos para elo son os seguintes:
* Viaxe a Santiago: Do 1 ao 15 de abril
* Viaxe a Silleda: Todo o mes de maio
Día do Xubilado
Por outra banda, Pilar Armada tamén adiantou que o Concello de Cervo está tamén a traballar na organización da XXVII edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo. Esta tradicional cita dos maiores do municipio terá lugar coma tódolos anos, o día 1 de maio. Os actos previstos ata o momento consistirán nunha misa cantada no pavillón municipal da Veiga e posteriormente un xantar-baile no restaurante O Val do Naseiro de Viveiro.
Así mesmo, nas semanas previas e esta celebración organizaranse distintas actividades para os maiores do concello. Estas actividades consistirán en campionatos de tute e parchís que se desenvolverán na Casa da Cultura de San Ciprián. O PRAZO de inscrición para PARTICIPAR nestes campionatos e no día do Xubilado darase a coñecer en breve.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



