Unha das acepcións do termo “fariseos” segundo recolle o dicionario é a de “persoa que finxe unha moral, sentimentos ou crenzas que non ten”. Creo que non hai definición máis acertada para detallar o proceder da concelleira socialista de Cervo Beatriz Vázquez que nos pasados días nos obsequiou cun dos seus habituais textos de opinión cargados de intransixencia e rancor contra todo o que fai o PP.
Na súa obsesiva estratexia de rexeitamento absoluto ao que impulse o Goberno de Feijoo, sexa o que sexa, non dubida mesmo en utilizar datos manifestamente falsos ou manipulados como cando di que pechará o comedor do colexio de Ourol. Ela que tanto anima a resistir os pais deste municipio ben podería preguntalos, falar con eles. Así sabería por exemplo que o comedor non se vai pechar, que os nenos que viñan facendo uso deste seguirán gozando do servizo, só que agora a través dun menú que confeccionará un restaurante da localidade.
Pero se hai algo fariseo nas súas verbas é o feito de que pretenda dar leccións unha señora que dende a agrupación local do PSOE, e o sabe ben o ANPA do colexio Galdín, fixo todo o posible para que a Xunta bipartita, seguindo as súas instrucións, obstaculizase a apertura do comedor deste colexio de San Ciprián. Non querían que este centro sito no concello ao que xurou defender tivese comedor, porque temían que deste xeito fose aínda máis as persoas que escollían este colexio, o preferido pola maioría da comunidade escolar deste pobo.
Incongruente é tamén defender como ela fixo, que o sistema de catering para o comedor escolar é malo para Ourol, en cambio era unha solución estupenda, que mesmo poñían como exemplo de excelencia, para o desaparecido colexio Rivera Casás, ao que ela tanto defendía.
Os que coñecen o seu comportamento político saben que non se caracteriza precisamente pola coherencia e si por ese ánimo permanente de crispalo todo e a todos. Porque algúns cren que os votos se gañan dividindo e enfrontando a xente. Mentres que, se algo se demostrou en San Ciprián, precisamente coa integración dos colexios non só centro, é que se pode convivir con normalidade, en comuñón e unidos, fóra desas liñas imaxinarias e divisorias que a política farisea dalgúns como esta concelleira, tanto lles gusta debuxar.
Toño Gallego Prieto




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



