A PONTENOVA .- 477 veciños da zona de A Pontenova recibiron os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Conforto, acto ao que asistiu a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo.
Nota de Prensa
ARIAS ENTREGA OS TÍTULOS DE PROPIEDADE DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CONFORTO, QUE ATINXE A 477 VECIÑOS DA ZONA DA PONTENOVA
* A delegada territorial da Xunta destacou que a conclusión do proceso facilitará a “optimización de recursos no ámbito rural” do municipio mariñano
* O procedemento supuxo un investimento de máis de 2 millóns de euros e as 9.408 parcelas que ocupaban as 1.914 hectáreas de terreo quedan reducidas a 1.638
A Pontenova, 7 de abril de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, participou hoxe no acto de entrega dos títulos de propiedade co que culmina o proceso de concentración parcelaria levado a cabo na localidade de Conforto, no concello da Pontenova.
A delegada destacou a importancia desta iniciativa, que atinxe a 477 veciños, supuxo un investimento de 2.073.534 euros e iniciouse oficialmente hai 25 anos. Ao respecto, Arias explicou que “non foi ata o 2001 cando se presentou o proxecto modificado que serviu de base real á actuación, logo de ter realizado unha profunda revisión da documentación do expediente”.
A concentración parcelaria de Conforto, que foi decretada no ano 1985 afecta a unha superficie de 1.914 hectáreas de extensión, reducindo a 1.638 fincas as 9.482 parcelas que antes se diseminaban polo territorio afectado. “Deste xeito, a superficie media das leiras resultantes quintuplica o tamaño das precedentes e achégase aos 11.100 metros cadrados”, segundo concretou Antonio Crespo.
A delegada territorial subliñou que o proceso de concentración redunda nunha mellor capacidade de aproveitamento da terra, “e este remata precisamente cando atravesamos tempos de incerteza económica que fan máis preciso que nunca optimizar os recursos ó máximo”.
Arias afirmou que Galicia debe apostar “por un modelo de desenvolvemento sustentable e de crecemento equilibrado de todo o territorio galego”. Neste sentido, o director xeral de Desenvolvemento Rural fixo alusión “as actuacións completadas, como esta da Pontenova, que permiten levar a cabo no medio rural proxectos con mellores posibilidades”.
“A administracións deben incrementar e mellorar os servizos e infraestruturas nos concellos rurais e apoiar as iniciativas dos emprendedores”, indicou Arias, quen expresou a súa confianza en que “a organización racional do solo que supuxo esta concentración sexa un mecanismo dinamizador para a economía local”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



