CERVO .- Uns 600 veciños participarán o vindeiro día 1 de maio nos actos adicados aos maiores no Concello de Cervo, entre eles unha trintena de parellas do concello con máis de 50 anos de unión que recibirán unha homenaxe no Día do Xubilado.
Nota de Prensa
Ao redor de 600 veciños participarán o vindeiro 1 de maio nestes actos festivos adicados aos maiores
UNHA TRINTENA DE PARELLAS DO CONCELLO CON MÁIS DE 50 ANOS DE UNIÓN RECIBIRÁN UNHA HOMENAXE NO DÍA DO XUBILADO
Cervo, 23 de abril de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada Carrete, confirmou hoxe que máis de 30 parellas serán obxecto o vindeiro día 1 de maio dunha homenaxe por ter 50 ou máis anos de casadas coincidindo coa celebración do Día do Xubilado que cada ano organiza este Concello para os seus maiores.
Segundo Armada, a resposta destas parellas foi “sorprendente” e aínda que o prazo de inscrición rematou a pasada semana “o que estamos facendo agora é comprobar que todos os que se apuntaron cumpren realmente esa cifra de anos como parellas, polo que non descartamos que aínda podan ser máis os que sexan finalmente homenaxeados” indicou.
A edil cervense lembrou que esta novidosa idea pretende ser un recoñecemento “sinxelo e emotivo” a estes veciños “precisamente o día que está adicado a tódolos maiores do noso concello”. Así mesmo recalcou que nas vindeiras edicións desta celebración está previsto adicar a xornada a un colectivo específico das persoas maiores. “No vindeiro ano a nosa intención é facerlles un homenaxe as viúvas e viúvos” adiantou Armada.
Por outra banda, a responsable da área de Servizos Sociais do Concello de Cervo sinalou tamén que na edición deste ano do Día do Xubilado está confirmada a asistencia de ao redor de 600 veciños das distintas parroquias do municipio.
Ao igual que en anos anteriores, a XXVII edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo terá lugar o vindeiro 1 de maio e contará con moi diversas actividades entre as que se atopa unha misa e o tradicional xantar de confraternidade. “En ámbolos dous actos as parellas homenaxeadas terán un especial protagonismo, pero tamén se agasallará a tódolos asistentes e se fará entrega dos premios aos gañadores dos campionatos de tute e parchís que se están a desenvolver actualmente”.
Excursión a Silleda
A concelleira cervense lembrou tamén que segue aberto o prazo para aquelas persoas maiores que desexen participar na excursión programada polo Concello para asistir o vindeiro 13 de xuño a Silleda á Semana Verde de Galicia.
As persoas que queiran participar nesta viaxe deberán cumprir os seguintes requisitos:
* Ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez.
* Poder valerse por si mesmo.
* Estar empadroado no Concello de Cervo.
O prezo das excursións é de 10 euros e nel se inclúe o desprazamento e a entrada ao recinto feiral.
As persoas interesadas en participar nesta viaxe deberán formalizar a súa inscrición antes do 31 de maio nas oficinas municipais da Casa da Cultura de San Ciprián mediante o pago das cantidades correspondentes





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



