BURELA .- Abelardo García e Basilio Otero, presidente de ABSA e patrón maior respectivamente, solicitaron o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana Gallo, a “ampliación, nuns 25 metros, do espigón que divide o peirao para usos pesqueiros e comerciais e insistiron na reordenación da dársena interior” do porto de Burela.
Nota de Prensa
Á reunión de traballo asistiron o presidente dos armadores e o patrón maior de Burela
PORTOS DE GALICIA ESTUDARÁ AS PROPOSTAS SOLICITADAS POLOS ARMADORES DE BURELA E CONFRARÍA DE PESCADORES
* A reordenación da dársena interior do porto de Burela, foi unha cuestión á que Álvarez-Campana comprometeuse a deseñar unha solución que podería estar rematada a finais deste ano
* Os representantes dos usuarios sinalaron a necesidade de adecuar a zona de tránsito e aparcamentos nas inmediacións da lonxa
Santiago, 5 de maio de 2010.- Portos de Galicia estudará as propostas presentadas pola confraría de Pescadores e os Armadores de Burela (ABSA), segundo manifestou hoxe o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, nunha xuntanza mantida na mañá de hoxe cos representantes duns dos maiores colectivos de usuarios deste porto.
Ademais doutras cuestións relacionadas coas actividades portuarias, Abelardo García e Basilio Otero, presidente de ABSA e patrón maior respectivamente, solicitaron a ampliación, nuns 25 metros, do espigón que divide o peirao para usos pesqueiros e comerciais. Neste senso, o presidente de Portos comprometeuse a facer un estudo desta actuación.
Tamén insistiron na reordenación da dársena interior do porto de Burela, unha cuestión á que Álvarez-Campana comprometeuse a deseñar unha solución que podería estar rematada a finais deste ano.
Finalmente e, noutro orden de cousas referidas ás instalacións portuarias en terra, os representantes dos usuarios sinalaron a necesidade de adecuar a zona de tránsito e aparcamentos nas inmediacións da lonxa, unha cuestión que tamén será tomada en conta.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



