NOTA DE PRENSA:
A ESCUSA DA AUSTERIDADE NON PODE SERVIR PARA O DEMANTELAMENTO DOS SERVIZOS DE COMEDOR NOS COLEXOS DO RURAL
O BNG mariñán acusa ao PP de baleirar de recursos o ensino público para dedicalo ao ensino privado
Ao mesmo tempo que se recorta o investimento en comedores de centros como o de Ourol, Educación non repara en gastar un millón de euros en promover o Decreto contra o galego no ensino
A Mariña, 6 de maio de 2010. O BNG mariñao criticou con dureza a política privatizadora dos servizos públicos, neste caso referíndose ao peche do comedor público do colexio público Vicente Casabella de Ourol para substituílo por un servizo de catering de menor calidade como se ten demostrado en outras experiencias existentes. Os nacionalistas cualificaron as intencións do PP de política reaccionaria amparada no discurso da austeridade que por unha banda recorta investimento nos servizos públicos e por outro non ten reparos en gastar un millón de euros públicos en promover unha campaña de promoción do decreto contra o galego no ensino.
Curiosamente a austeridade de Feijoo só serve para recortar os servizos públicos e non para outras cousas
Os nacionalistas mariñáns criticaron as medidas do Partido Popular de recorte dos servizos públicos e o peche dos servizo público de comedores coa escusa da política de austeridade “que serve para un roto e un descosido segundo conveña” mais que “curiosamente sempre serve para o recorte nas políticas sociais, educativas e sanitarias” e non naqueles outros asuntos que en nada inciden na calidade de vida da cidadanía.
O dobre discurso do PP permítelles falar de reactivación demográfica mentres se pechan servizos públicos esenciais para a cidadanía no rural
Os nacionalistas lembraron que o BNG ten presentado múltiples iniciativas no Parlamento advertindo que a privatización dos comedores dos centros educativos do rural como o de Ourol “non só supón unha reducción na calidade alimenticia nestes centros” senón tamén “o primeiro paso para o seu desmantelamento” obrigando ao traslado do alumnado a outras vilas. O BNG ademais advertiu do “dobre discurso” do goberno que preside o Sr. Feijoo que anuncia un plan para a reactivación demográfica e por outro leva á práctica o peche sistemático de comedores públicos non rural cando se trata dun servizo esencial para as familias.
Un millón de euros contra o galego no ensino e austeridade para os comedores dos colexios do rural.
Por último os nacionalistas fixeron mención ao millón de euros que a Consellaría de Educación ten previsto gastar na promoción do Decreto contra o galego no ensino e acusaron á Consellaría de “non poñer reparos á política de propaganda contra o noso idioma mentres si se poñen para manter en pe un servizo básico para as familias de Ourol como e o comedor público.”



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



