Nota de Prensa
O BNG CRITICA AO PP POR NON TER EXECUTADO NIN SIQUERA O 15% DAS PROMESAS ELECTORAIS REALIZADAS HAI TRES ANOS. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE NON SE FIXO NADA EN BARREIROS A PESARES DE MANEXAR UNS ORZAMENTOS DE 9 MILLÓNS DE EUROS.
Barreiros, 27 de maio de 2010. O BNG asegura que o PP non levou adiante nin siquera o 15% das promesas que figuraban no seu programa electoral no 2007. Os nacionalistas consideran que non se fixo nada en Barreiros a pesares de manexar uns orzamentos de 9 millóns de euros neste período. Aproveitarán o pleno ordinario desta tarde ás 19:30 horas para plantexarlle varias preguntas ao alcalde, Alfonso Fuente.
O grupo municipal do BNG lembra que “estamos na semana na que se cumpren tres anos das pasadas eleccións municipais, tres anos para o Concello de Barreiros que non foron productivos nin fructíferos. Os panfletos electorais do PP do ano 2007 dicían confianza e futuro e nós o que temos que dicir é total desconfianza dos veciños sobre a actuación do Concello e incerteza no futuro, porque o futuro que prometía o PP para Barreiros, pola cabezonería do alcalde, pasa polo xulgado de Mondoñedo tres anos despois dunha xunta de goberno”.
Os nacionalistas aseguran que “si botamos man dese panfleto onde o PP nos dicía que se ía executar o proxecto de abastecemento de auga, asinado xa no 2006, e que se ía levar adiante un proxecto de depuradora en San Miguel de Reinante tamén nese momento, nada de nada. E de seguir nesta texitura o PP estas infraestructuras non sairán adiante. A desconfianza non é só dos veciños de Barreiros, a desconfianza é tamén da Xunta hacia o propio Concello. Non hai máis que recordar o que dicía días pasados Agustín Hernández que sinalaba sobre o convenio de Barreiros que si os promotores non poñen a súa parte a Xunta tampouco, máis desconfianza ainda fomentada polo PP na administración autonómica”.
Desconfianza da Xunta
O Bloque Nacionalista Galego manifesta que “o alcalde teranos que explicar cal é contido desas xuntanza que mantén a cotío co conselleiro, parece ser que esta semana estivo outra vez con Agustín Hernández falando da retirada de contenciosos. Parece ser que se van axilizar os trámites, pero ata o de agora non explicou o alcalde de Barreiros en qué consisten e si a Xunta vai retirar eses contenciosos, algo que fai dudar aos veciños de Barreiros. O famoso convenio no que o BNG dixo o que había que dicir con total lóxica e cunha gran parte de razón de poñer cartos públicos de todos os barreirenses para pagar a desfeita que outros provocaron”.
O grupo municipal do BNG suliña que “o PP de Barreiros a respecto do que prometía no 2007 non cumpriu nin siquera no 15% cando xa estamos no terceiro ano de goberno, sobre todo tendo en conta que o Concello neste período manexou uns orzamentos duns 9 millóns de euros, 3 millóns de media ao ano. Nove millóns de euros para non facer absolutamente nada, non temos máis que recordar o que dicía repasando área a área… que se ía ampliar o centro de saúde, que se ía adquirir un vehículo adaptado para o transporte de persoas con problemas de mobilidade, que se ía facer un servizo de cátering e lavandería para as persoas maiores, que se ían eliminar barreiras arquitectónicas, que se ía poñer videovixianza nos montes para a prevención de incendios, que se ían ampliar as prazas da escola infantil municipal, que se ía proceder á apertura dunha sala de exposicións, que se ían fomentar os grupos de teatro municipais, que se ían construir vivendas sociais, novos accesos ás praias, que se ían acondicionar todas das áreas recreativas, que se ían cubrir as pistas polideportivas, que se ía extender o alumeado por todo o concello, que se ía crear unha rede de telecentros, que se ía proceder ao inicio da construcción do saneamento da zona sur e que se ía dotar de adsl a toda esa zona… que veña un só veciño de Barreiros e nos diga cal destas cousas que ían no programa electoral do PP se fixeron. Non se fixo ningunha e manexando durante tres anos nove millóns de euros e deixando escapar a época de bonanza económica que se recolleu no 2007, onde o Concello tivo fortes ingresos sen facer nin unha soa infraestructura, sen facer nada polo futuro de Barreiros”.
Desde o BNG “cremos que o futuro de Barreiros co PP á fronte é bastante negro. Desconfianza de veciños e da Xunta porque vemos que eso que se prometía desde o goberno galego agora a propia Xunta desconfía bastante do alcalde de Barreiros, desconfía bastante do equipo de goberno do PP barreirese, por eso non avanza ese convenio, por eso a Xunta o está a pensar dúas veces, algo nos terá que dicir a este respecto o señor alcalde”.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



