Nota de Prensa
O BNG INSISTE EN QUE CERVO SIGUE SENDO O SEGUNDO CONCELLO DE GALIZA EN DÉBEDA POR HABITANTE E O PRIMEIRO DE LUGO POLA MALA XESTIÓN ECONÓMICA DO PP
As multinacionais das que fala a concelleira de facenda xa se encargaron nos xulgados de tirar por terra os novos impostos do goberno local polo que o Plan de Saneamento Económico só o vai pagar a cidadanía de a pé
926 euros por habitante mais o pago permanente de intereses por demora nos pagos a provedores non da para presumir de xestión económica
Cervo, 2 de xuño de 2010. O BNG insiste nas súas criticas á xestión económica do PP en Cervo que cualificou de desastrosa xa que un concello que encabeza as listaxes de débeda bancaria cando ten capacidade de recadación e non a executa non pode presumir de boa xestión económica, neste sentido encadraron os dereitos de difícil recadación mostrados pola liquidación de 2009 que deron como resultado 3,39 millóns de euros. Os nacionalistas ademais puxeron as cousas no seu sitio ao cualificar de falsas as expectativas da concelleira de facenda sobre recuperación económica a conta de novos impostos aplicados a multinacionais xa que estas xa se encargaron nos xulgados do contencioso administrativo de paralizar as novas ordenanzas fiscais e outras que xa existían polo será a cidadanía de a pé a que pague a actuación irresponsábel no económico do goberno do Partido Popular de Cervo.
O Plano de Saneamento Económico van pagalo os de sempre
O BNG pediulle á concelleira de facenda de Cervo que diga a verdade aos veciños e lles explique que o Plan de Saneamento Económico de Cervo e unha falacia derrubada polos contenciosos administrativos presentados nos xulgados polas empresas multinacionais afectadas que teñen paralizada a aplicación das novas ordenanzas. O portavoz municipal nacionalista pediulle a Chelo Gallego que baixe da nube, as previsións incluídas no Plan para cobrar 321.000 euros da taxa de vías e voos a unha empresa eléctrica non se produciu e a nova ordenanza que grava o uso de dominio público polas empresas de telefonía móbil foi recorrido no contencioso administrativo por tódalas empresas afectadas; pola contra o incremento nas taxas correspondentes a ordenanzas de efecto directo sobre os cidadáns de a pé xa están en marcha ou vanse aplicar en breve, incremento no Imposto Sobre Vehículos de Tracción Mecánica, incrementos nas taxas polo servizo de saneamento e auga, incremento na taxa por ocupación de vía pública, incremento no imposto sobre construcións, instalacións e obras.
A capacidade de financiamento existe outra cousa e que se execute realmente ou que o goberno local xogue á ruleta co diñeiro dos veciños
A liquidación do orzamento 2009 puxo ao descuberto 3,39 millóns de euros de dereitos pendentes de exercizos pasados e correntes de difícil recadación ao non ao non abrirse a reclamación executiva sobre estes dereitos polo que boa parte deles deberán ser anulados. Os nacionalistas ademais lembraron que unha promotora ten unha débeda pendente co concello de 1,3 millóns de euros froito do Convenio de Infraestruturas e Servizos, “que non contiña garantías de pago e con esta empresa en quebra, ese ingreso non se vai producir”, polo que Estúa responsabilizou ao goberno local de xogar á ruleta co diñeiro dos veciños.
138.461 euros anuais menos do fondo de cooperación local para amortizar a débeda da segregación de Burela
Os nacionalistas fixeron mención á necesidade de devolución de 1,8 millóns de euros á Xunta pola compensación da segregación de Burela que empezou a amortizarse en 2009, para Xoán Estúa os 4,34 millóns de euros de débeda bancaria deben incluír esta débeda coa Xunta que supoñen unha amortización anual de 138.461 euros mediante retencións do fondo de cooperación local que os nacionalistas lembran non debería producirse xa que os compromisos do goberno de Manuel Fraga de que a segregación non tería custes para os concellos segregados quedaron en papel mollado co visto bo do Partido Popular.
A débeda non inclúe os pagos a provedores de materiais e servizos que segue acumulando intereses por demora nos pagos
O BNG non esqueceu a constante reclamación de empresas provedoras de materiais e servizos que seguen reclamando intereses por demora nos pagos, neste sentido fixeron mención á reclamacións existentes nos meses de abril e maio, no primeiro 79.500 euros e no segundo 48.400. A Estúa preocúpalle especialmente o pago de intereses por demora naquelas facturas para as que os orzamentos recollen partidas específicas e non deberían ter retrasos no seu abono, polo que pediu á concelleira de facenda que deixe de botar balóns xa que esta actitude vaille ao peto ao conxunto dos veciños e veciñas de Cervo.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



