Hai uns días o Presidente do Goberno anunciou que no Consello de Ministros do 16 deste mes aprobarase a reforma laboral, haxa acordo entre patronal e sindicatos ou non. Mesmo xa comezan a circular rumores sobre o Decreto que está a preparar o Goberno.
Mentres tanto a patronal como os sindicatos din que están dispostos a seguir a negociar, aínda que recoñecen a dificultade de acadar un acordo.
A patronal di que a situación económica é moi mala e que os empresarios necesitan un mercado laboral menos ríxido e proteccionista e no que se abarate o despido. Por outro lado os sindicatos din que non están dispostos a consentir que se permita o despido libre, nin que se reduza a indemnización por despido. Ao mesmo tempo que din que os traballadores non son os culpables da situación económica e por tanto non teñen por que pagar as consecuencias da crise. O decretazo do Goberno parece inevitable.
Eu respecto a este tema quero facer os seguintes comentarios:
* É certo que a situación económica é moi mala, pero non é menos certo que os traballadores non son os culpables da crise. Mais ben os culpables son, entre outros, a banca e os grandes inversores inmobiliarios.
* Os empresarios o que pretenden, aproveitando a crise e a necesidade da reforma laboral, e conseguir precarizar aínda máis o mercado laboral. Un mercado laboral moi precario favorece os seus intereses de contratación barata e de ofertar traballo de mala calidade.
* Moitos empresarios fan que os seus empregados traballen 10 horas diarias aínda que cobren 8, que asinen cobrar as vacacións sen cobralas, que asinen disfrutar as vacacións sen disfrutalas, que fagan horas extras sen cobralas,etc.
¿Este e o traballo que consideran proteccionista para co traballador?. ¿Este e o traballo que temos que reformar para abaratar o despido? Hai que ter pouca vergoña.
* Podedes imaxinar un traballador que teña 8 horas de traballo no contrato e que traballara 6, que gozase de dous meses de vacacións cando lle correspondera un, que cobrase horas extras que non fixera. ¿Que pasaría con este traballador?
* ¿Realmente a quen protexe e favorece o goberno?. Está claro, as empresas, a patronal. Permítenlles facer as falcatrúas que queren cos traballadores mentres miran para outro lado. Dánlles axudas cando anuncian que están en problemas económicos, e permítenlles facer EREs ao menor contratempo.
* Pero resulta que á patronal isto parécelle pouco, e claro, o Goberno, como un cordeiriño, vai e anuncia unha reforma laboral para abaratar o despido, e así agredir unha vez máis os traballadores deste pais recortándolles dereitos que levou moitos anos conseguir e custaron moitas vidas. Pero un goberno que se chama de esquerdas, socialista, recórtallos dun plumazo con un decreto. Si Pablo Iglesias levantara a cabeza.
* Os sindicatos anuncian que farán unha folga xeral. Pero non se hai que facer ilusións. Por un lado os sindicatos perderon moita credibilidade estes anos facéndolle o caldo gordo ao Goberno, e vailles ser moi difícil recuperar a confianza dos traballadores. Por outro lado dos aproximadamente 18 millos de traballadores que hai no pais, soamente están sindicados sobre 0 20%, que é moi pouco. E por último, os traballadores teñen moita dificultade para secundar unha folga larga dada a precaria situación económica de moitos deles. E si a folga é curta no tempo non vai conseguir cambiar a decisión do goberno. E isto sábeno o Goberno e os empresarios. Así que aviados estamos.
En todo caso eu quero animar os traballadores a defender os seus dereitos da mellor forma que podan. Os dereitos que levaron moito tempo conseguir non se pode permitir que nolos quiten dun plumazo.
Non podemos deixarlles aos nosos fillos como herdanza un mercado laboral peor que o que nos disfrutamos. Os dereitos da crase traballadora non poden ir marcha atrás. A sociedade ten que avanzar en logros e melloras na calidade de vida, non na perda de dereitos e nunha peor calidade de vida.
Temos que facerlle ver o Goberno o inxusto do seu preceder, que está equivocado, que non vamos esquecer o que está a facerlle os traballadores, e que o teremos en conta no seu momento, na furna, que e onde mais lles doe.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



