Moi pouca munición lle debe quedar na casa ao PP de Cervo para ter que se achegar até Covas, no Concello de Viveiro, na busca de materia que lle sirva para disparar contra todo o que se move co obxectivo de ocultar a súa nefasta xestión do affaire “Castro da Atalaia”.Próelles máis da conta. Saben que se este importante xacimento castrexo se libra do cemento é por obra e gracia da loita veciñal e polo empeño de asociacións como MariñaPatrimonio.
Teño para mín que un tal Balseiro pode ser o inspirador da nota publicada o pasado xoves na que, exercendo de axente xudicial , me comunica que estou sendo “ obxecto de investigación por parte da Xustiza” e que sobre mín recae “unha imputación xudicial de índole penal” que me podería definir como “ un agresor ao patrimonio histórico e cultural”. Casi nada, e eu sen me inteirar!.
Agradézolle a ese tal suxeito o benéfico labor que asumiu, mais entendo que as notificacións xudiciais acostuman a chegar por correo certificado e esa aínda non se produciu.
A licenza de obras en Covas que tanto lle preocupa ao PP de Cervo foi ditaminada favorablemente no seu día pola Comisión Especial de Obras , sen votos en contra, cunha abstención e sen nengunha reserva por parte dos técnicos municipais. A Xunta de Goberno Local celebrada o día 4 de decembro de 2006 acordou entender adquirida esta licenza “ por silenzo administrativo, polo transcurso do prazo máximo para resolver expresamente, de conformidade co establecido no artigo 43.5 da Lei 30/1992”.
No punto 2º deste acordo, recóllese: “Entender esta adquisición por silenzo administrativo, unicamente dentro das competencias municipais e sen prexuizo das autorizacións sectoriais ou doutras administracións que sexan esixíbeis, entre as que se atopa o Servizo de Patrimonio de Lugo, da Consellería de Cultura e Deporte, de conformidade á súa Resolución de 3 de agosto de 2006”
E no 3º apartado, dí: “As obras non poderán iniciarse sen a previa presentación do proxecto de execución adaptado ás observacións feitas polo técnico municipal nos seus informes de 24 de maio de 2005 e 24 de febreiro de 2006.”
Con posterioridade, como os devanditos condicionantes non se cumpriron, non se iniciou—nen nunca podería facerse—obra algunha amparada por esa licenza.
Acougue, pois, o tal Balseiro. Para nada necesito dos seus servizos A casa que representa non conta con moito creto á hora de deslexitimar a ninguén en materia de urbanismo nen de urbanidade. Ocúpese dos asuntos da Pesca ou da Sanidade, no que coido é un experto; no coidado da súa incontinencia verbal, hai tratamentos; no ditado das “Memorias dun virachaquetas”, da executiva dun partido á doutro; en repasar a táboa do 3 , que non vén mal para atinar no cómputo de manifestantes, ou en amañar o cisco interno que ten en Viveiro. Enfin, tamén pode darse unha volta por Barreiros e poñer as barbas en remollo ou ir pasar o verán a Gondomar, onde por certo a palabra corruPPción xa se escrebe con dous pes.
FRANCISCO LUÍS RODRÍGUEZ GUERREIRO

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



