RIBADEO (FNC) .- A Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais do Ministerio de Cultura envíalle unha carta ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, na que lle asegura que terá en conta as súas consideracións sobre a SGAE.
O alcalde confirmaba que “con certo agrado recibo unha carta do director Xeral de Política e Industrias Culturais en contestación á que eu lle enviei á ministra de Cultura a finais do mes de maio poñéndoa en coñecemento da situación que eu critiquei en moitas ocasións e que dixen que lindaba a extorsión por parte da SGAE. Eu contáballe que esta sociedade nos cobra por concertos de alumnos da Escola de Música, por concertos de afeccionados e a contestación que nos dan é para salvar un pouco a cara da SGAE”.
Suárez Barcia sinala que “vexo un pouco de luz ao final dese túnel porque me indican que a comisión de cultura do Congreso aprobou hai poucas semanas unha serie de conclusións de cara a unha reforma normativa e que se están a ter en conta todo tipo de suxestións e que desde logo as que nós lles enviamos nos din que as tomarán en consideración. Eu confío en que eso sexa así e que cando se leve a cabo esa reforma normativa teñan moi en conta estas suxestións que de xeito honrado lles estamos a facer desde aquí. Nos parece un sinsentido e raia a extorsión cobrarnos ao Concello de Ribadeo e aos demais porque un grupo de afeccionados como a Coral Polifónica actúe ou porque un grupo de nenos pequenos faga un pequeno concerto para que os seus pais os escoiten. Todo esto nos parece absurdo, pero si a lei é así o que pedimos é que se cambie. Din que o van ter en consideración entón esperaremos e veremos”.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



