Nota de Prensa
O GPPP califica de clientelar o reparto de axudas ás comunidades veciñais
* Os populares critican que Gato Soengas se negara a dar explicacións sobre os criterios empregados para proceder a concesión das axudas para acomenter pequenas obras
* Consideran que a ausencia do BNG neste proceso, como xa acontecera o pasado ano, é significativa das malas relacións entre os integrantes do equipo de goberno provincial
Lugo, a 16 de xullo de 2010.- A concesión de subvencións ás comunidades veciñais para a realización de pequenas obras é un exemplo máis, segundo indican dende o Grupo provincial do Partido Popular, da política clientelar e caciquil que practica o goberno da Deputación de Lugo.
Os populares explicaron que o pasado 13 de xullo tivo lugar a reunión da mesa de valoración para a concesión destas axudas baixo a presidencia do deputado José María Arias no transcurso da cal o delegado de cooperación cos concellos Antonio Gato limitiouse a facer entrega do listado das achegas concedidas. Dado que a concesión destas subvencións xa foran anunciadas con antelación a algúns dos beneficiarios, pediuse información sobre os criterios seguidos para proceder o reparto. Cuestión sobre a que Gato Soengas negouse a dar ningún tipo de explicación, de xeito airado ademais, comportamento que, o entender dos populares, resulta impropio dun cargo público.
Dende o GPPP reiteran que este proceder, aínda que habitual, dado que é frecuente que o goberno da Deputación se negue a dar explicacións sobre as súas actuación, pon de manifesto a falla de transparencia que impera na xestión da institución provincial.
AUSENCIA DO BNG.-
O GPPP tamén chaman a atención sobre o feito de que á xuntanza non asistira ningún representante do BNG, formación que, segundo lembran, abstívose na sesión plenaria na que foron aprobadas as bases que rixen a concesión destas subvencións. Un proceso no que tampouco participaron o pasado ano. O que denota, ó entender dos populares, a falla de entendemento existente entre as dúas forzas políticas que sostentan o goberno provincial.
O GPPP tamén pon de manifesto que a metade das solicitudes presentadas polas asociacións veciñais quedaron fora deste reparto de fondos, que ascende a 2,4 millóns de euros; así como o feito curioso e tamén sospeitoso de que nun elevado número das axudas concedidas os peticionarios son membros do PSOE.
A tenor destes datos, para os populares non cabe dúbida de que o reparto destes fondos responde a criterios partidistas e que se empregan, ademais de para contentar ós amigos, para asegurar que o presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro poida realizar un dos seus habituais periplos de autopromoción polas parroquias lucenses inaugurando obras de non máis de 12.000 euros.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



