LUGO .- O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, afirmou no transcurso da rolda de prensa posterior á xunta de goberno que “este goberno da Deputación de Lugo é o máis democrático e xusto dos que houbo con todos os concellos, xa que todos os alcaldes percibiron o cambio”.
Nota de Prensa
ANTÓN BAO AFIRMA QUE “O PP DESPOIS DE 3 ANOS AÍNDA NON ACEPTA QUE OUTRAS FORZAS POLÍTICAS GOBERNEN AGORA CON EFICACIA DEPUTACIÓN”
O vicepresidente da Deputación asegurou que “este goberno da Deputación é o máis democrático e xusto dos que houbo con todos os concellos, xa que todos os alcaldes percibiron o cambio”
A Área de Deportes da Deputación recibiu 114 solicitudes de axudas para deportistas individuais
LUGO, 16 de xullo de 2010. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, afirmou hoxe no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, fóra dos asuntos tratados e en resposta ás declaracións efectuadas aos medios de comunicación polo presidente do PP provincial, que “este goberno da Deputación de Lugo é o máis democrático e xusto dos que houbo con todos os concellos, xa que todos os alcaldes percibiron o cambio”.
Para Antón Bao, das declaracións feitas polo portavoz do grupo provincial do PP despréndese “moi claramente como o PP despois de 3 anos aínda non acepta que outras forzas políticas gobernen a Deputación”, e menos aínda, afirmou Bao, “do xeito tan plural e equilibrado con todos os concellos”. Bao asegurou que “deste cambio na maneira de gobernar, no cambio do trato con todos os concellos e gobernos municipais, son conscientes todos os alcaldes, porque agora non se fan distincións pola cor política dos mesmos”. Antón Bao ademais, lembrou que “nunca antes se puxeran en marcha liñas de axudas ás que todos os concellos se poden acoller en igualdade de condicións para a realización de actividades culturais ou deportivas, así como para a mellora e equipamento de instalacións”.
O vicepresidente da Deputación lembrou con cifras os importantísimos investimentos que se teñen realizado desde a Área de Cultura e Deportes da Deputación, como os 12 millóns de euros no mantemento, mellora e construción de instalacións deportivas, ou 11 millóns para colaborar co tecido asociativo cultural e deportivo, e foi contundente ao afirmar “e senón que se lle pregunte a todas estas asociacións e clubs que ven agora como as súas solicitudes son atendidas”.
Tamén fóra dos asuntos da Xunta de Goberno, Antón Bao informou de que, unha vez rematado o prazo de recepción de solicitudes para axudas de deportistas individuais, chegaron a contabilizarse 114 solicitudes das 3 liñas abertas para esta convocatoria por parte de deportistas practicantes de máis de 20 modalidades diferentes. Antón Bao explicou que é a segunda convocatoria que se realiza destas bolsas para deportistas individuais e que a partida orzamentaria destinada a esta finalidade aumentouse con respecto á convocatoria anterior, pasando de 50.000 aos 60.000 euros actuais. O alto número de solicitudes é para Antón Bao, segundo expresou, “un motivo de satisfacción porque vemos que damos cumprimento a unha demanda dos deportistas lucenses, que non se poden acoller a outra liña de axudas para deportes colectivos, e serve para expresar a vitalidade da que goza o deporte lucense.
Dentro dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, deu conta da ampliación do prazo de execución e xustificación das obras de ampliación e rehabilitación do pavillón polideportivo municipal de Riotorto até os vindeiros meses de setembro e outubro, unha obra encadrada dentro do plan de mellora das instalacións deportivas de Lugo e que ten un orzamento superior aos 300.000 euros.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



