LUGO .- Dos 15 concellos que non se sumaron ó plan Innova-TE da Deputación, 6 solicitaron a súa adhesión logo da denuncia do ente provincial. Entre os concellos que non se sumaron ao programa están os de Alfoz, O Valadouro e Barreiros.
Nota de Prensa
6 dos 15 Concellos que non se sumaron ó Innova-TE solicitaron a súa adhesión logo da denuncia da Deputación
– Antonio Gato cita o caso de Courel, cuxa Alcaldesa remitiu fóra de prazo unha carta na que explica que non ten nada feito en materia de eadministración e recoñece, indirectamente, que a Xunta tampouco fixo os deberes
– Para o voceiro provincial socialista “esta é unha proba de que Barreiro minte e que son os seus Alcaldes os que o deixan ó descuberto”
– Barreiros e Xermade negáronse a recibir ós técnicos das auditorías tecnolóxicas e, nos 11 que remitiron a información despois da data limite, obsérvase que non dispoñen de ningún proxecto para a implantación da administración electrónica
– SUPLUSA rematará a vindeira semana rematarán os traballos que está a levar a cabo para reparar os danos producidos pola riada de xuño no contorno do Rato
O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, anunciou este venres que seis dos quince Concellos do Partido Popular, que non se sumaron ó Innova-TE, solicitaron a adhesión ó programa logo de que a Deputación denunciase esta situación unha vez concluído o prazo para presentar a súa solicitude. A este respecto, Gato Soengas lembrou que a data límite foi o 30 de xuño e puxo como exemplo o caso de Folgoso do Courel, cuxa Alcaldesa remitiu este luns unha carta ó organismo provincial na que amosaba a súa preocupación porque este municipio non ten realizado nada en materia de administración electrónica e recoñecía, indirectamente, que a Xunta de Galicia tampouco fixo os deberes con respecto á banda longa neste municipio.
“Parece que agora, unha vez que a Deputación denunciou evidencia esta situación, os Alcaldes e Alcaldesas están reaccionando. Que casualidade que recibísemos a carta de Folgoso na que di que dende o primeiro momento facilitou os datos pero que, debido a un extravío do permiso, este remitiuse fóra de prazo. A rexedora, como non podia ser doutro xeito, vén a dicir que o programa Innova-TE é de grande importancia. Esta é unha primeira reacción que pon en evidencia a falta de liderazgo do señor Barreiro”.
Ademais de Folgoso do Courel, os outros 5 Concellos que se puxeron en contacto, vía telefónica ou por fax, solicitando a adhesión ó programa despois da data limite foron: Alfoz, Bóveda, Guntín, Pantón e O Valadouro. “Esta carta e estas chamadas desminten a opinión do señor Barreiro, quen dicía que isto xa estaba arreglado e que lles supuxera un desenbolso duns 8 ou 9.000 euros. Como se alguén se crese que a implantación da administración electrónica costa só estes cartos”. Neste senso, o voceiro provincial socialista preguntouse: “donde está a veracidade da información do Presidente dos Populares na provincia, como é posible que este emita un comunicado dicindo que chegamos tarde cando os Alcaldes do seu partido son os que o deixan ó descuberto? “.
Concellos que non recibiron ós técnicos e resultados auditorías
Antonio Gato destacou que dos 15 Concellos non adheridos, 2 non quixeron recibir ós técnicos para a realización das auditorías tecnolóxicas. Estes foron Xermade e Barreiros. Dos 13 restantes, Alfoz e Cospeito, non remitiron os cuestionarios coa información solicitada, e dos 11 que a remitiron, pero fóra de prazo, a auditoría revela que ningún dos Concellos posúe técnicos informáticos propios; a media de usuarios das TIC por Concello é de 10 e o equipamento de ordenadores e portátiles de media non permite que poidan desempeñar o seu posto de traballo; 7 Concellos non dispoñen dunha sala acondicionada como o Centro de Proceso de Datos que inaugurou a semana pasada o Presidente; e o número medio de servidores por Concello é de 0,57; existindo 5 municipios que non posúen ningún servidor.
“Esta é a situación á que se refire o señor Barreiro cando di que a administración electrónica da Deputación chega tarde e que eles teñen todo feito?. Un programa a coste 0 para todos os Concellos, un programa que significa importantes aforros e que permitirá ós Concellos traballar en rede. En definitiva, un programa absolutamente necesario para encarar o futuro”. Para Gato Soengas isto é consecuencia de que “o señor Barreiro non coñece a situación dos Concellos lugueses e menos aínda a dos rexidos polo Partido Popular. Todo o que dixo queda sepultado nunha enorme mentira que pon de manifesto o que xa manifestamos outras veces: que vén aquí de memoria, que non rastrexa nos papeis e que, sobre todo, non é capaz nin de liderar o Partido nin ós seus propios Alcaldes”.
Arranxo danos Rato
A vindeira semana a Deputación, a través da Sociedade Urbanística Provincial, rematará o arranxo dos danos producidos no contorno do río Rato a consecuencia da forte tromba de auga e granizo acontecida o 25 de xuño, e que provocou o desbordamento do río Fervedoria ó seu paso polo treito do cinto verde da cidade de Lugo, comprendido entre a estrada de Fonsagrada e antiga N-VI.
O voceiro provincial socialista lembrou que “o Presidente, quen ese mesmo día estivo visitando os danos, ordeou o inmediato inicio dos traballos para que esta zona, que conta con grande afluencia de xente diariamente, recuperase a normalidade canto antes. Dende entón, a Sociedade Urbanística está a traballar con total celeridade”.
A intensidade da choiva provocou que entrasen en carga os colectores da cidade, de xeito que o seu rebosamenteo arrastrou lodos e diversos materiais cara a zona do Fervedoira, o que fixo que os danos fosen máis cuantiosos, sendo estes equivalentes á dos outros dous temporais do inverno. Os danos están valorados en 80.000 euros e, nestes momentos, están a traballar 13 operarios: 4 de SUPLUSA e 9 de empresas colaboradoras.
Acordos Xunta de Goberno
Aprobáronse novas actuacións dentro do canon 2008-2009 de Portomarín e Quiroga por valor de 311.076 euros. Desta cantidade, 67.008 destínanse á pavimentación e dotacións na Travesía de Lugo de Portomarín e, o resto, 244.068 euros para a 1ª fase do ensanche e acondicionamento da rúa Río Miño e a construción do centro sociocultural de Nocedo, ambas as dúas actuacións do municipio quirogués.
A de 2010 será a última anualidade coa que o organismo provincial saldará a débeda do canon. Segundo o reparto, a Portomarín correspondéronlle un total de 317.471 euros, de forma que o investimento que realizará a Deputación en 2010 é de 105.823 euros. Pola súa banda, a Quiroga a débeda ascende a 508.826 euros, de tal xeito que a aportación deste ano é de 169.608 euros.
Asimesmo, ratificouse o convenio de colaboración entre a Deputación e a Federación Galega de Municipos e Provincias, a través do cal o organismo provincial, o Executivo Central e a FEGAMP aforran ós Concellos 427.481 euros, un 20% máis que na convocatoria anterior. Desta cifra, a Deputación achega o 37%, o Ministerio de Administracións Públicas o 60%, e a FEGAMP o restante. En total, o persoal das Administracións poderán participar ó longo de 2010 en 70 xornadas formativas, un 30% máis que o ano pasado.
O seu contido responde ás demandas actuais como: a normativa galega sobre incendios forestais, o dereito urbanístico logo da modificación da lei, a xestión de axudas para entidades locais financiadas con fondos europeos, etc. As novas tecnoloxías teñen unha ampla presenza no Plan de Formación co obxectivo de familiarizar a estes profesionais coa materia logo da total implantación da e-administración na provincia en 2011.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



