Pasou a Xira 2010 en Ribadeo. Xira en portugués aplícaselles ás rapazas bonitas, pero aquí o significado é moi outro: a Xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romaría ad-hoc, na que a música de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, tiña a súa pedra angular. É dicir, a diferenza doutras romarías, coido que o seu nacemento xa foi festeiro de xeito independente a unha cuestión relixiosa, baseado nun movemento festeiro no ano 1955 e fortificado no 62 coa sociedade Amigos da Gaita e a inauguración no 1965 do monumento ó gaiteiro, do escultor Faílde, e dende aquela, na celebración do ‘día da gaita’. Nese sentido,foi unha celebración das adiantadas ás festas de novo cruño, independentes de cuestións relixiosas ou históricas, que se foron extentendo por toda Europa ben por motivos económicos últimamente, ben de xeito máis sinxelo, pola eclosión dun espacio máis de diversión, algo antes.
Así, chegamos á tradición ribadense de xa hai medio século de subir de xira a Santa Cruz. E como tal tradición parece inmutable. Pero non.
Para comezar, a xira … era en Santa Cruz. Nas últimas edicións a cousa fóise desprazando, coa substitución de monte por vila. O aumento de xente e a proximidade entre o espazo tradicional da xira e o centro de Ribadeo fan posible que pouco a pouco o número de xente en celebración festeira na vila aumente e retrase a súa subida. O que se ve incrementado pola afluenza de turistas que, máis alleos á tradición e máis urbanitas que os ribadenses, nunha certa volta a unha orixe romeira diferente, trocan a idea popular en Ribadeo da festa pola súa propia idea festeira, retrasando cada ano máis a subida e convertindo a romaría en festa urbanita. E isto non moitos anos despois de que o trofeo de fútbol ‘Enma Cuervo’ tivera que cambiar de día, despois da súa coinciendenca por longo tempo co da xira, na procura de algo máis de público que lle permitira unha oportunidade para tentar sobrevivir. A festa cada vez máis, fáise no pobo, de noite e de día, retrasando a subida á Santa Cruz ata horas tardías para comer, e retornando ó pobo en canto a xente se sinte con folgos.
Unha testemuña correspondente a un video feito con motivo da Xira de 2004 e colgado en internet que apoia o comezo do que remato de dicir: “(…) Ahora cada año va a más y los jovenes se emborrachan desde horas muy tempranas o días anteriores, van de vinos y despues suben a Santa Cruz donde siguen con la fiesta (…)”
Así, o que é ‘festa’ nun sentido que podemos dicir antigo, e o que é ‘diversión’ nun sentido ‘moderno’ tenden a confundirse na organización dos festeiros, e a romaría, a cambiar co mesmo sentido. Este ano fixo furor o barco vikingo, vistoso, que convertiu a xira nun antroido de verán para o grupo de participantes no mesmo. É previsible que dado o éxito, xurdan novas iniciativas de disfraz que rematen por incorporar, en breve, a xira ó antroido, despois de unha primeira intentona de realizar antroidos de verán aló a finais do século pasado como parentes do ‘verdadeiro’ antroido organizados pola mesma comisión, e como subsidiarios daquel. O precedente na organización de grupos está de xeito craro nas camisetas que comezaron a facerse hai uns anos identificando ás pandillas que subían, e ás que rápidamente se lle foron incorporando diversos aditamentos a gusto da xente, dende un logotipo distintivo ós nomes dos participantes, pasando craro está, por lemas alusivos, case indefectiblemente, á animación á bebida.
Un cambio que tamén se deu no que vai de década ou pouco máis foi o identificar gallaroufa e ruido con música e cancións, facendo a substitución entre ambos. Xurdiu así o que se podería chamar tema grupal máis que coral, onde o sentido pérdese en favor do sentemento do momento, que se enfatiza.
Así están as cousas estes anos. En diante, diría que polo momento seguirán a mesma tendencia, e despois Deus (e a xente) dirán.
Antonio Gregorio Montes

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



