NOTA DE PRENSA:
O CONCELLO CONTINÚA DESENVOLVENDO O PLAN DE MELLORA DO CASCO ANTIGO DE RIBADEO COA REPARACIÓN DA RÚA MURALLA.
Ribadeo, 24 de agosto de 2010. O Concello continúa desenvolvendo o plan de mellora do casco antigo de Ribadeo coa reparación da rúa da Muralla, segundo anunciaba hoxe Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “estamos levando a cabo dende o Concello de Ribadeo dúas actuacións que tratan de poñer en valor, mellorar e adecentar unha parte do casco vello que está nunha situación bastante lamentable, como é a do entorno da rúa da Muralla, precisamente por estar ésta desfeita dende hai moito tempo. Nos últimos meses fíxose un bacheado, pero necesitaba unha nova capa de aglomerado asfáltico, como é a que os operarios da empresa adxudicataria están levando adiante nestes días e esperamos que entre hoxe e mañá quedará rematada esta obra”.
Suárez Barcia subliñou que “a rúa da Muralla é importante porque da moita comunicación no interior do casco vello e ademáis serve de acceso principal a esta idea que lanzamos dende o Concello de Ribadeo hai pouco tempo, antes do verán, dos hortos ecolóxicos para poñer a disposición sobre todo da xente maior. Pero non é únicamente para os maiores, senón tamén para garantir unha idea de relevo xeracional, para que a xente maior lle ensine aos máis novos o que é a cuestión do agro nunha pequeniña parcela onde cultivar para autoconsumo hortalizas, verduras, etc”.
Hortos ecolóxicos
O alcalde ribadense engadiu que “dentro de poucos días estará rematada a actuación na rúa da Muralla e tamén o acondicionamento destes hortos a través dun solar que foi cedido en precario polo seu propietario ao Concello, de tal maneira que cando o propietario así o desexe retornará á súa lexítima propiedade, pero mentras tanto vai ser un verxel de froitas, de verduras, de hortalizas, de legumes. E quero convidar a todos aqueles interesados que aínda non se teñan inscrito e que desexen unha parceliña cun sistema de rego e unha serie de apeiros de labranza así como un paquete de sementes para que poidan iniciar estas labouras de cultivo de horta. A brigada de obras está nestes días ultimando a valla perimetral de peche de todos estes hortos ecolóxicos”.
Fernando Suárez considera que “unha vez máis en Ribadeo seguimos sendo un referente, porque poucos concellos aparte das cidades, que sí teñen dende hai tempo este tipo de iniciativas pero non as hai en concellos medianos como o noso. Está tendo moi boa acollida, porque xa temos prácticamente a metade das parcelas reservadas e quero que agora, con esta nova rúa da Muralla rematada, o resto de parcelas se enchan. Todos aqueles interesados deben anotarse na oficina de servizos sociais ou ben chamando ao teléfono 982.120.808”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



