NOTA DE PRENSA:
As xuventudes nacionalistas chaman agora a folga xeral despois de anos de apoio e complicidade do BNG coas políticas socialistas que nos levaron a afondar nunha crise que incluso negaban que existira
Novas Xeracións lamenta que Galiza Nova traslade a política ao interior dos institutos
· Os mozos populares consideran que as aulas deberan ser un espazo vedado a política de pancarta e ao adoutrinamento, que tan ben practica o BNG, especialmente en colexios e institutos onde estuda xente menor de idade.
Lugo, 24 de setembro de 2010.- O presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo, Daniel Vega, lamentou que as mocidades do BNG estean a levar ata o interior dos institutos campañas políticas. As devanditas declaracións efectúanse despois de coñecerse informacións sobre a repartición de panfletos, charlas informativas e outro tipo de actividades incitando á folga no interior dalgunhas aulas, o que supón un claro exemplo de adoutrinamento de persoas que, na súa inmensa maioría, son menores de idade.
Malia que as Novas Xeracións do PP comparten o malestar da cidadanía galega, e de xeito especial da xuventude, polas erradas políticas que está a desenvolver o Goberno de Zapatero, consideran censurable que os nacionalistas decidan facer política de pancarta e actos de propaganda a pé de pupitre.
Para os máis novos do Partido Popular de Lugo tamén resulta sorprendente que sexa o BNG quen agora asuma como propia a convocatoria da folga xeral e alente á participación na mesma, tendo en conta que os nacionalistas ata o momento, foron cómplices das políticas socialistas que nos levaron á actual situación económica e xunto co PSOE, tanto nas Cortes Xerais como no malogrado Executivo autonómico bipartito, negaron ata o último momento a existencia da crise.
Os populares consideran que a defensa dunha determinada opción política nunca debe ir acompañada de adoutrinamento ou actos de presión nas aulas, e iso é o que precisamente diferenza a algúns colectivos dun Partido Popular que estará sempre a favor da xuventude, pero en contra do lavado de mentes, opción pola que parecen apostar os nacionalistas.
NON É UN FEITO PUNTUAL
Os máis novos do PP lucense subliñan tamén que o traslado da confrontación política ás aulas, en colexios e institutos, onde hai menores de idade, non responde a un comportamento puntual dos nacionalistas e das organizacións próximas ao BNG, senón que xa se ten repetido en diversas ocasións. Intentaron facelo no ámbito da sanidade, cando animaban a participar en manifestación co falso argumento de que desaparecerían os hospitais comarcais, fixeron o propio en relación co idioma, amosando o seu desprezo a favor da liberdade e equilibrio no uso das linguas, e agora fan o propio coa escusa da folga xeral.
QUEIXAS FORMAIS
Novas Xeracións desexa en todo caso que tanto as nais como os pais, e titores legais do alumnado rexeite este tipo de actos de adoutrinamento dos nacionalistas e canalicen as súas queixas diante do equipo de dirección dos colexios e institutos.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



