Nota de Prensa
O pasado Mércores día 22 de Setembro disputouse no Pavillón Municipal de Viveiro o I TORNEO ASPORT21 de Fútbol Sala Costa-Lotto, no que participaron o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO, a S.D. XOVE F.S. e o AZKAR LUGO “B”, e que marchou para a capital lucense pola mellor difernza de goles colleitada.
O torneo comezou coa presentación do equipo sénior masculino do C.F.S CIDADE DE VIVEIRO, que saltaba á pista para presentarse díante do seu público. Acto seguido, ás 20:00h. saltaban á pista os dous primeiros participantes, o AZKAR LUGO F.S. B e o S.D. XOVE F.S.. Partido fácil para os da capital e que dominaron de principio a fin como ben reflexa o marcador final 4-0. Ás 21:00h. disputouse o segundo partido da xornada, partido que supoñía o debut do equipo local e anfitrión C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO, e que a pesar de ser o equipo de menor categoría logrou impoñerse merecidamente ao AZKAR LUGO F.S. por 3-2. Logo dun pequeno descanso para celebrarse o sorteo dun vale de desconto de 50€ na tenda de deportes ASPORT21 de Viveiro, deu comezo o derradeiro partido da tarde que enfrontaba ao C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO e ao S.D. XOVE F.S. Un partido un pouco descafeinado xa que o equipo local pagou caro o seu esforzo do partido o que fixo, que xunto á eficacia goleadora do Xove, o partido se decantase para o equipo visitante por 1-3.
Trala disputa dos partidos procedeuse á entrega de premios e galardóns individuais por parte das autoridades presentes: Juan Carlos Piñeiro, Xerente de ASPORT21 Viveiro, Emilio González Escourido, Presidente do C.F.S. Cidade de Viveiro, José Menela, Xerente Adxunto ASPORT21 Viveiro e Miguel Ángel Bermúdez, Presidente do S.D. Xove F.S.
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Ignacio González e Carlos Areñas do AZKAR LUGO F.S. B
MÁXIMO GOLEADOR: David González do AZKAR LUGO F.S. B
3º CLASIFICADO: S.D. XOVE F.S.
SUBCAMPIÓN: C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO
CAMPIÓN: AZKAR LUGO F.S. B
O torneo estivo organizado polo Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro e a tenda de roupa deportiva ASPORT21.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
