Nota de prensa:
A Deputación implicará ás cooperativas da provincia na xestión directa do Centro de Recría
– O Presidente realiza este anuncio durante a reunión que mantivo cos socios de ICOS, unhas das agrupacións gandeiras máis punteiras de Lugo
– O titular do organismo provincial inaugura a oficina técnica que xestionará o programa formativo do Pacto polo Emprego no sur da provincia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado provincial e Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, mantiveron este venres unha xuntanza cos socios de ICOS, unha das agrupacións gandeiras máis punteiras de Lugo. No transcurso do encontro, Gómez Besteiro anunciou a intención do organismo provincial de implicar ás cooperativas lucenses na xestión directa do primeiro centro de recría público en España que construirá a Deputación nas instalacións da granxa Gayoso Castro.
O titular provincial reiterou que o organismo que preside, logo de conseguir coa máxima axilidade todas as licenzas e permisos necesarios que diferentes administracións outorgaron para comezar as obras deste proxecto, continúa agora á espera de que a Xunta de Galicia conceda a Declaración de Impacto Medioambiental (DIA), requisito indispensable e último para o inicio dos traballos.
Besteiro explicou que esta revolucionaria iniciativa, na que a Deputación inviste máis de 12 millóns de euros, forma parte do “Pacto polo Campo”, o acordo que mantén que as adminsitracións deben “sumar esforzos” para impulsar o sector agrogandeiro en Galicia. Neste senso, lembrou que, dentro deste compromiso, o organismo provincial manifestou tamén o seu apoio institucional ós proxectos das cooperativas e Feiraco para a adquisición da planta de Pascual. “Lamentamos que esta proposta non se consolidase así e non tivese máis apoios por partes doutras administracións” salientou.
Prezo do leite
O Presidente tamén incidiu na situación que están a atravesar os gandeiros debido ó baixo prezo do leite e a escasa forza negociadora dos produtores fronte ás industrias lácteas e distribuidores. Ó respecto, indicou que “entendo que sería necesario e imprescindible a articulación de mecanismos que corrixan esta desigual situación. Unha das medidas para paliar esta realidade, sería asinar contratos homologados por parte dos produtores e dos compradores ou das industrias, deste xeito, aseguraremos tanto a venda como o coñecemento do prezo do produto”.
Pacto Provincial polo Emprego
Gómez Besteiro, e o Alcalde de Chantada, Manuel Anxo Taboada, inauguraron este xoves a oficina técnica que o organismo provincial pon en marcha na Rúa Vázquez Boó, a carón da Casa do Concello, para xestionar no Sur da provincia o programa formativo do Pacto Provincial polo Emprego, a iniciativa co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo que insertará laboralmente a 540 desempregados de Lugo. As outras dúas oficinas, situadas en Foz para xestionar o norte da provincia e no INLUDES para o zona centro, xa están a pleno rendemento.
Na de Chantada, 2 persoas encargaranse de atender calquera tipo de dúbida que poidan ter os solicitantes do programa, e de asesorar ós alumnos que, no futuro, opten por montar a súa propia empresa, ben como autónomos ou como PEMES.
O programa formativo da Deputación comprende 45 cursos dirixidos a desempregados de todos os Concellos, excepto o de Lugo que, ó ter máis de 50.000 habitantes e contar co seu propio programa. Os beneficiarios recibirán unha axuda económica tanto na formación como nas prácticas equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais. Das 1.637 solicitudes recibidas para participar nesta programación, preto de 750 son de cidadáns do sur da provincia. Nesta zona, os cursos máis demandados foron: atención sociosanitaria en institucións sociais e a domicilio, promoción turística e información ó visitante, e aproveitamentos forestais.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



