Nota de prensa:
ANTÓN BAO CONSIDERA QUE O FEITO DE QUE VARIOS CLUBS SOLICITEN MÁIS HORAS DE USO DO PAZO DOS DEPORTES CONSTITÚE UN ÉXITO DA POLÍTICA DEPORTIVA DA DEPUTACIÓN
Explicou que, en canto ás axudas a deportistas individuais, recibiuse un total de 115 solicitudes
Deu conta ademais de que a Área de Benestar concede unha subvención a Cáritas Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para un proxecto de atención a anciáns do rural
LUGO, 22 de outubro de 2010. O nacionalista Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, informou hoxe na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, de varios asuntos referentes á Área de Turismo e Benestar Social, xa que ven de aprobarse o prego de prescricións técnicas para a contratación da subministración, instalación e adecuación para a sinalización turística nos concellos de Burela, Mondoñedo, O Saviñao e Pantón, e tamén se aprobou un convenio mediante o cal se concede unha subvención a Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para o proxecto denominado “Vivir na casa. Atención integral a anciáns no rural”.
Antón Bao deu conta ademais de que esta mesma semana, a Área de Deporte da Deputación recibiu notificación de tres clubs de baloncesto: o Ensino, o Asociación Xuvenil Sagrado Corazón e o Cidade de Lugo, indicando que o horario que teñen asignado para uso das instalacións lles resulta escaso. Como explicou Bao, “é a primeira vez que ocorre algo así, e é unha magnífica noticia, xa que pon de manifesto o acertado das nosas políticas en materia deportiva, ao apostar pola promoción do deporte de base e incidir en que os equipos punteiros son que máis deben de promocionar as categorías inferiores: esta solicitude dos clubs lucenses indica que cada vez máis nenos e nenas se animan a practicar un deporte”.
Tamén explicou que “é de agradecer a coordinación existente entre os clubs, que realizan as súas propostas de xeito conxunto, o que facilita a tarefa das institucións”. Lembrou que “dende a Deputación, seguindo a liña marcada á chegada ao goberno, tentamos satisfacer as demandas de tódolos clubs e entidades deportivas, polo que o responsable do Pazo dos Deportes está xa estudando a maneira de encaixar as demandas de tódolos clubs usuarios da instalación”. O orzamento anual destinado ao Pazo dos Deportes é de 580.000 euros, e as instalacións utilízanse para diversas disciplinas como son o baloncesto, esgrima, loita olímpica, squash, atletismo, natación e predeporte infantil. As instalacións utilízanse un total de 185 horas semanais, que son 37 horas diarias repartidas nas 5 pistas que existen.
Nesa mesma liña, o vicepresidente da Deputación lembrou que a Área de Deportes abriu hai un par de meses o prazo para a presentación de solicitudes para concorrer a bolsas para deportistas individuais. Bao explicou que “unha vez recibidas todas as solicitudes e en proceso de análise das mesmas, queremos facer unha consideración interesante e é que se recibiron 115 solicitudes de deportistas individuais”. Isto supón un aumento considerable con respecto á anterior convocatoria, na que se presentaron un total de 70. Este ano, ampliouse o montante total en 10.000 euros, co que son 60.000 euros os que se dedican a estas bolsas para deportistas individuais.
Sinalización turística en Mondoñedo, Burela, O Saviñao e Pantón
Antón Bao anunciou tamén na rolda de prensa, que ven de aprobarse o prego de prescricións técnicas para a contratación da subministración, instalación e adecuación para a sinalización turística nos concellos de Burela, Mondoñedo, O Saviñao e Pantón. Como explicou Bao, os primeiros “dous proxectos, en Mondoñedo e Burela, teñen carácter urbano, xa que esta sinalización estará fundamentalmente instalada no casco urbano e sinalizan os lugares de interese das dúas vilas”. Por outra banda, a sinalización de Pantón e O Saviñao forma parte dun só proxecto que “afecta aos dous concellos, xa que se trata dunha ruta de sendeirismo”. O vicepresidente sinalou que, para estes proxectos, destinarase un total de 44.350,32 euros. Esta cantidade dedicarase ao subministro de paneis, báculos, placas para documentos, e demais elementos necesarios para realizar esta sinalización. Bao lembrou que “este proxecto de sinalización turística xa comezara na Ulloa, e a previsión é continuar con un similar en Sober, e outro que terá o obxectivo de indicar o Pazo de Tor, en Monforte de Lemos”.
Atención integral a anciáns do rural
O vicepresidente da Deputación deu conta doutro asunto referente a Área de Benestar tratado na xunta de goberno: a aprobación dun convenio mediante o cal a Área de Benestar da Deputación de Lugo concede unha subvención excepcional a Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para o financiamento do proxecto denominado “Vivir na casa. Atención integral a anciáns no rural”. Como explicou Bao, a subvención “terá un importe de 21.600 euros (dun montante total do proxecto de 128.000 euros) que se empregarán para financiar os gastos de persoal e desprazamentos derivados do devandito proxecto”. O servizo, como explicou o vicepresidente, “trata de dar axuda no fogar a anciáns do medio rural e a actuación desenvolverase en Vilalba, Abadín e Xermade”. O programa funciona de xeito ininterrompido dende o ano 2000 e pretende dar axuda a anciáns que se atopan illados ou sen recursos. A atención que se dispensa ten 3 vertentes que son a atención persoal: hixiénico e sanitaria básica, atención psicosocial: estimulación cognitiva, prevención do deterioro; e axuda en tarefas domésticas:coidado do fogar, limpeza, etc.




















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



