Nota de Prensa
MÁIS DE VINTE ASOCIACIÓNS SOLICITAN A CONSTRUCCIÓN DA RESIDENCIA DE FOZ
Foz, 23 de outubro de 2010.- Este sábado constituíuse en Foz a plataforma cidadá para conseguir a construcción dunha Residencia dotado de Centro de Día. Na reunión estaban presentes asociacións de diferentes ámbitos: asociacións culturais, comerciais, teatrais, parroquiais, veciñais e partidos políticos.
As asociacións que mostraron o seu apoio de momento son: AA.VV O Castro, Mar de Foz, Os Sendeiros, Grupo Teatral Adala, Consello Parroquial de Fazouro, Os Bolouros, A Subela, A.C. O Castro (Vilaronte), Comisión Focega en defensa da sanidade, A.C. Xira dos Fondás, ACIA, O Feitizo, A Banda Municipal, A.C. O Torques de Marzán, AA.VV. de Cangas, A.C. Os Castros de Cangas, Clube Naútico, A.C. A Pomba do Arco, Os Larpeiros, A Federación de asociacións Rede Cidadá e os Grupos Políticos do PSOE, PP e do BNG. Tamén houbo asociacións que non estiveron presentes pero declararon a súa pronta adhesión.
As asociacións presentes mostraron a necesidade desta obra para Foz dado que resolvería en parte a gran demanda de praza que existe actualmente na vila e evitaría o desprazamento das persoas a outras localidades lonxanas, facilitaría a conciliación e a convivencia das familias, melloraría o coidado e atención das persoas maiores dependentes e crearía emprego nun momento de grave destrucción do mesmo.
Os principais acordos que se tomaron foron os de solicitar unha entrevista cos Grupos políticos parlamentarios e outra coa Conselleira de Traballo e Benestar, reunirse coa Corporación Municipal e iniciar unha recollida de sinaturas solicitando a construcción da Residencia e Centro de Día no horizonte do 2013 e unha partida orzamentaria para o ano 2011.























O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



