Nota de prensa:
Barreiro: “Blanco é incapaz de dar a cara é utiliza os seus escudeiros”
* O presidente dos populares lucenses non esquiva o reto de debatir dos orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo se tamén se poñen sobre a mesa as contas do Estado
Lugo, a 12 de outubro de 2010.- “José Blanco sabe que está a maltratar á provincia á que ten o deber de defender é na vez de dar a cara, consciente de que non lle resultará doado convencer ós lucenses de que o Goberno central non ésta a discriminar a Lugo, manda os seus escudeiros a que levanten as espadas por el”.
Así respostou ó presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro as manifestación realizadas por José Ramón Gómez Besteiro e Ricardo Varela, ós que acusou de “tentar xustificar o inxustificable: o Sr. Blanco peca de arrogante e a estas alturas e por moito que se empeñen nelo é xa imposible lavarlle a cara. É incapaz de cumplir ata para pagar expropiacións que datan de hai cinco anos. A súa prepotencia levano incluso a ignorar as demandas que lle plantexa a este respecto un dos seus conveciños de Palas. Ese é o seu talante”.
Barreiro insistiu na súa proposta de debate: “José Blanco, como representante da provincia de Lugo no Congreso ten o deber ineludible de explicar os orzamentos do Estado en Lugo, as razóns polas que en 2011 recibiremos case a metade do orzamento co que contamos no presente exercicio, convertíndonos na provincia galega máis perxudicada polos recortes e a sexta no conxunto do Estado. Ten, en definitiva, a obrigación de responder das súas palabras, das súas promesas reiteradamente incumplidas, na súa calidade de diputado por esta provincia e agora tamén como titular de Fomento”.
O líder dos populares lucenses salientou que hai “datos obxectivos que fan incuestionable o maltrato ó que está a someter á provincia á que representa”. “Só hai que ver os prazos, aínda imprecisos, que se dan para o remate das autovías”, engadiu.
José Manuel Barreiro non eludiu tampouco o reto de debatir sobre os orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo: “non teño ningún inconvinte en que se poñan tamén sobre a mesa as previsións de investimento do Goberno galego na provincia de Lugo”. Nembargantes amosouse convencido de que, en vista da actitude amosada nestes últimos días por José Blanco na que adoloce da mínima humildade, non terá o valor suficiente como para presentarse en Lugo e defender a actuación do goberno socialista, nin sequera para xustificarse a si mesmo, porque é conscente de que, botando man dos números, ó proceder do Goberno de Galicia e do Estado para coa provincia de Lugo non ten comparación posible”.
O presidente popular indicou asimesmo que a aposta do goberno da Xunta por Lugo é “incuestionable”. Aí está o investimento realizado no novo hospital de Lugo, as obras do corredor Sarria-Monforte, a licitación do desdobramento do tramo Nadela-Sarria, o polígono industrial das Gándaras e mesmo o corredor da Costa como algúns “exemplos claros”.
Precisamente sobre o investimento no Corredor da Costa, Barreiro tamén “puntualizou” as verbas de Gómez Besteiro a este respecto. “Vese que o presidente da Deputación cometeu algún erro ó interpretar os datos. A realidade é que os orzamentos do Estado non contemplan ningún investimento plurianual para esta infraestrucura. En 2010 o Goberno socialista preveu investir só 10.000 euros, que non chegou a executar, e para o 2011, consignou unha partida de 134.100 euros. A Xunta, pola contra, adica máis de 30 millóns de euros nas obras dos treitos deste corredor que son da súa competencia. En resumo, o Estado non princiou a obra e a Xunta xa está nelo”.

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



