Nota de prensa
O Inludes só executou en seis meses o catro por cento do investimento real previsto para o 2010
Lugo, a 2 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe a parálise na que vive o Inludes, xa que a trinta de xuño do presente ano o investimento real foi de só o 4,05 por cento sobre o orzamento previsto, o que equivale a dicir, 384.594’32 euros.
A este dato, extraído da propia liquidación presentada polo bipartito provincial e que os populares non dubidaron en calificar de “nefasto” porque pon de manifesto o “nulo interese do goberno provincial por apoiar o tecido empresarial da provincia e por promover o seu desenvolvemento”, súmanselle outros “igualmente negativos”: no primeiro semestre do ano só se recaudou o 1’86% do que estaba previsto para o 2010 e, en materia de transferencias correntes, dos dous millóns de euros presupuestados, as obrigas recoñecidas ascenden únicamente a 112.065 euros, ou sexa, ó 5’38%.
Para os populares, éste é o “pobre balanzo” que se deriva de colocar ó fronte deste organismo a cargos orgánicos do Partido Socialista, máis preocupados por buscar réditos partidistas, seguindo a consigna dada por José Ramón Gómez Besteiro, que por defender o interese común e traballar, empregando todas as ferramentas e os cartos dos que dispón a Deputación, para vertebrar a provincia e fomentar a súa dinamización económica.















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



