Nota de prensa:
O CONCELLO EDITA UN TRÍPTICO COAS ACTIVIDADES DE NADAL
● As 2.500 unidades serán distribuídas polos distintos núcleos de poboación e os centros educativos
● A programación comeza o día 4 coa montaxe dos Belenes de plastilina no Concello e na Casa da Cultura
Cervo, 2 de decembro de 2010.- O Concello de Cervo ven de editar un tríptico coa programación cultural e lúdica que terá lugar no termo municipal coincidindo coas datas de Nadal.
A tirada, duns 2.500 exemplares, será repartida por tódolos núcleos de poboación do municipio e polos centros educativos do municipio e nela recóllense os distintos actos organizados polo Concello de Cervo coa colaboración de varios colectivos locais, ademais doutras entidades e institucións.
Esta programación cultural dará comezo o vindeiro día 4 coa coa montaxe do belén de plastilina na Casa do Concello (Cervo) e na Casa da Cultura (San Ciprián) para os máis pequenos.
O programa compelto é o seguinte:
PROGRAMA ACTIVIDADES NADAL 2010-2011
CONCELLO DE CERVO
4 de DECEMBRO
• BELÉN DE PLASTILINA:
◦ Casa do Concello de Cervo ás 11 :00 h.
◦ Casa da Cultura de San Ciprián ás 16:30 h.
◦ (Idades de 3 a 12 anos).
• 20:00h. Presentación do Libro “Historia de Nunca Jamás”, por Pablo Mosquera, Auditorio da Casa da Cultura. Organiza “Os Aventados”.
• 20:30h. Auditorio da Casa da Cultura, actuación do grupo musical-vocal Canere-Son de canción latina. Organiza “Os Aventados”.
10 de DECEMBRO
• 20:30 h. Auditorio da Casa da Cultura, actuación da Coral Polifónica de Burela. Organiza “Os Aventados”.
11 de DECEMBRO
• DECORACIÓN NAVIDEÑA DE ÁRBORES PARA NENOS
◦ 16:30 h. Árbores do Souto de Cervo.
◦ 18:00 h. Árbores Parque Raíña Sofía de San Ciprián.
◦ Os adornos confeccionaranse nun Obradoiro creado no Ecomuseo en Cervo e na Casa do Mar en San Ciprián.
• 17:30 h. Coches Radio-Control e Obradoiro de Nadal en Cervo. Organiza A Sombriza.
18 de DECEMBRO
• 18:00 h. Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Festival. Unidad Pastoral.
19 de DECEMBRO
• PEQUENADAL
◦ 18:00 h. Auditorio da Casa da Cultura. Belén Viviente con nenas do P.A.I.
◦ Festival de Panxoliñas.
23 de DECEMBRO
• CONTACONTOS
◦ 18:30 h. Auditorio da Casa da Cultura. Organiza A Sombriza.
24 de DECEMBRO
• VISITA PAPA NOEL
◦ Saída da Escola de Rúa ás 16:00 h.: San Román -Local Social, Trasbar -Local Social, Gondrás -Local Social, Castelo -Local Social, Cervo -Concello, chegada o Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián ás 19:00h. Colabora A Sombriza.
• NOITEBOA INFANTIL
◦ ás 16:00 h. no Pavillón de Cervo, Xogos Populares. Chocolate. Organiza A Fervenza.
26 de DECEMBRO
• NADAL MÁXICO
◦ 19:00 h. Auditorio da Casa da Cultura cos magos: Martín Camiña, Vituco, Norberto, Benxamín e Román García. Colabora Xunta de Galicia.
27 de DECEMBRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ 11 :00 a 13:00 h. no Pavillón de A Veiga. Xogos Xigantes, Animación, Obradoiros …
◦ 17:00 h. Sala de Cristal da Casa da Cultura. Eliminatorias Proevolutión.
28 de DECEMBRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ 11 :00 a 13:00 h. no Pavillón de Cervo.
◦ 17:00 h. Sala de Xuntas da Casa da Cultura. Finais Proevolutión.
◦ Iº Torneo de Padel Concello de Cervo.
29 de DECEMBRO
• MAÑÁS DE NADAL
• 11 :00 a 13:00 h. A Veiga. -Iº Torneo de Padel Concello de Cervo.
30 de DECEMBRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ 11 :00 a 13:00 h. Cervo. -Torneo Tenis de Mesa Concello de Cervo.
31 de DECEMBRO
• COTILLÓN FIN DE ANO
◦ A partir das 00:00h. en Discoteca Pasos.
2 de XANEIRO
• CONCERTO DE CORAIS
◦ 20:00h. Auditorio da Casa da Cultura
3 de XANEIRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ 11 :00 a 13:00 h. Cervo.
• FESTIVAL ACUÁTICO INFANTIL
◦ 17:00 a 19:00 h. Piscina Municipal. Servicio de Autobús en Paradas Escola. Para nenos do Concello.
4 de XANEIRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ A VEIGA -11:00 a 13:00 h.
5 de XANEIRO
• MAÑÁS DE NADAL
◦ 11:00 a 13:00 h. en Cervo.
◦ 18:00 h. CABALGATA DE REIS en San Ciprián.
◦ 19:30 h. CABALGATA DE REIS en Cervo.
◦ 21 :00 h. SORTEO A.C.I.A. San Ciprián.
◦ ESTREO OBRA DE TEATRO BORDELO. Salón de Plenos do Concello de Cervo.
PARA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS É NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



