Nota de prensa
A través dunha iniciativa parlamentaria presentada por Dámaso López, quen salienta que o Ministerio de Interior “está a transgredir unha obriga institucional” ao non permitirlles o retorno ás casas-cuartel aos membros do Corpo, que se ven obrigados a residir en vivendas de aluguer
O GRUPO POPULAR DEMANDA A ENTREGA DOS CUARTEIS DA GARDA CIVIL DE MONFORTE, SAMOS, ABADÍN, BAAMONDE E RIBADEO, NOS QUE AS OBRAS DE REFORMA OU REMODELACIÓN REMATÁRONSE HAI UN ANO
* Na Casa Cuartel de Monforte as obras remataron en marzo de 2010, pero presenta “deficiencias de tal calibre que inducen a crer que a súa execución non tivo ningún tipo de seguemento” mentres 15 familias “seguen a pagar un aluguer porque non lles deixan ocupar as vivendas” e outras as utilizan “convertidas practicamente en okupas” xa que a Administración do Estado aínda non as recibiu.
* A proposición non de lei estende a petición a outros cuarteis en situación similar nas outras provincias galegas, nos que tamén se executaron obras entre 2009 e 2010 ao abeiro do Plan E.
Santiago, 8 de xaneiro de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular rexistrou a principios do pasado mes de decembro unha iniciativa parlamentaria na que insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para demandar a entrega dos cuarteis da Garda Civil situados en distintas poboacións de Galicia nos que as obras de reforma ou remodelación rematáronse hai un ano. Entre estes cuarteis atópanse, na provincia de Lugo, os de Monforte, Samos, Abadín, Baamonde e Ribadeo, cuxas obras remataron entre decembro de 2009 e marzo de 2010.
A iniciativa foi rexistrada polo deputado Dámaso López antes de que a situación destas casas-cuartel fora recollida polos medios de comunicación e dela se fixeran eco outras forzas políticas. López salienta que o Ministerio de Interior “está a transgredir unha obriga institucional” ao non permitirlles o retorno ás casas-cuartel aos membros do Corpo, que se ven obrigados a residir en vivendas de aluguer. Nese sentido, lembra que a dita obriga institucional deriva do peculiar despregamento territorial das unidades do corpo, cuxos efectivos están sometidos a frecuentes cambios de destino, fixado moitas veces en localidades onde a ausencia ou inadecuación de vivendas, os altos prezos do aluguer e outros condicionantes dificultan aos gardas civís atopar un forgar onde residir coas súas familias. A residencia neste tipo de establecementos responde, ademais, a razóns de seguridade, e facilita o cumprimento das misións asignadas ás distintas unidades.
EN MONFORTE, COMO “OKUPAS”
Na Casa Cuartel de Monforte as obras remataron en marzo de 2010, pero presenta “deficiencias de tal calibre que inducen a crer que a súa execución non tivo ningún tipo de seguemento” mentres 15 familias “seguen a pagar un aluguer porque non lles deixan ocupar as vivendas” e outras as utilizan “convertidas practicamente en okupas” xa que a Administración do Estado aínda non as recibiu.
“Resulta paradóxico que, cando en Monforte están totalmente rematadas e con todos os servizos dispoñibles para uso 12 vivendas, só pendentes de recepción polo Ministerio do Interior, nese cuartel haxa gardas civís que semellen ser delincuentes, xa que están a utilizar vivendas e zonas administrativas non recibidas pola Administración do Estado”, afirma Dámaso López.
En Samos, as obras do cuartel acabaron en decembro de 2009, pero dúas familias están a pagar un aluguer “ao non poder usar os recursos públicos aos que teñen dereito”, ao tempo que “entre todos aboamos outro aluguer por un local de oficina para que os gardas civís poidan desenvolver o seu traballo”.
RIBADEO, ABADÍN E BAAMONDE
Tamén en decembro de 2009 remataron as obras do cuartel de Ribadeo, que seguen igualmente pendentes de entrega, o que obriga a 5 familias a vivir de aluguer mentre outras habitan no cuartel subsistindo con luz de obra. Tamén están rematadas as obras e pendentes de recepción nos casos de Abadín e Baamonde.
A proposición non de lei estende a petición a outros cuarteis en situación similar nas outras provincias galegas, nos que tamén se executaron obras entre 2009 e 2010 ao abeiro do Plan E.
A situación, explica Dámaso López, é que os gardas civís afectados e as súas familias “tiveron que abandoar os seus fogares e procurarse vivenda en réxime de aluguer” e agora, aínda que as obras levan tempo rematadas “non se lles permite o retorno, nin se reintegran os edificios ao patrimonio público do que proceden, porque non se reciben pero tampouco se solucionan os problemas que poidan ter xurdido”.















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



