Nota de prensa
Dende a executiva local do PSdeG-PSOE de Burela, parécenos moi ben que un membro da AAVV O Vencello defenda á súa presidenta. Non esperabamos o contrario de quen, no exercicio de libertade como cidadán, colabora como interventor do PP en todas e cantas eleccións se celebran neste país dende a instauración da democracia. E tampouco, esperabamos outras declaracións de quen é un membro fixo das peregrinacións que fai esta asociación a Santiago da man sempre do portavoz do PP de Burela. Máis ben, poucas esperanzas habia de imparcialidade dunha directiva que cando a Xunta era gobernada por un presidente socialista nos tiña acostumados a manifestacións ou declaracións nas que, casualmente todo tiña que ver coas competencias do goberno galego. Recordamos todos a “moviilización” que conseguiran na Praza da Mariña no tema do abastecemento da auga, entre outras delicadezas.
Dende fai dous anos que o goberno galego pasou a mans do PP, xa só lles preocupa máis actuacións doutras administracións, que precisamente, non son de competencia autonómica. Nunca vimos unha nota de prensa ou unha protesta reclamando que se axilizaran execucións pendentes das riadas de xuño, ou recoñecendo que teña que ser outra administración a que arranxe os desperfectos causados por inclemencias meteorolóxicas porque a competente nin se dignou a poñer o pe na lama para proceder a unha pronta recuperación da zona danada. Como tampouco se posicionaron á favor da plataforma cando foi a multitudinaria manifestación feita en defensa do Hospital da Costa. Neste sentido, ben que se apurou o portavoz do PP de Burela de atoparlles unha entrevista co político de turno en Compostela para volver a Burela como “corre,ve y diles” de que o resto de asociacións e colectivos de A Mariña, xunto con persoas anónimas comprometidas, que defendían e defenden o non desmantelamento e as carencias que ten hoxe en día o Hospital, eramos pouco menos que uns difamadores, uns pancartistas e uns alborotadores. Según eles, só se perseguía o desgaste da política sanitaria desenvolvida polo Sergas. O resultado, está á vista de todos: listas ocultas, número un de Galicia en listas de espera, e as molestias de trasladarse a clínicas privadas para simples probas diagnósticas que antes se facían no propio Hospital.
Tampouco se posicionaron, recalcamos que ata o 2009 si, no tema das autopsias que siguen sempre penosamente de actualidade. Correndo outra vez para Santiago, recalcamos co portavoz do PP de Burela entrevista no Imelga, e seguimos igual, desafortunadamente para as familias dos falecidos que se preguntan si non é máis cómodo para todos trasladar a dous forenses a Burela, que facer todo o despliegue do traslado do cadáver a Lugo. Todo está ben: “pensamos para el pueblo” nos acaba de decir nun comunicado este membro da directiva da asociación.
Con respecto á manifestación do acceso ao porto que nos lle pedimos, permítanos que o corrixamos: só faltaría que convocaran unha movilización contra unha resolución xudicial de paralización das obras. Ata aquí chegamos, pero non esqueza que o acceso comezou cun presidente socialista, xa que foi un goberno socialista quen apostou por esta necesidade tan imperante que ten Burela hoxe en día. En cambio, non foi un goberno socialista quen, tras dous anos, de repente atopa a solución. Unha modificación do proxecto que retrasará inexorablemente durante tres anos a execución deste trazado, sospeitando a perda de fondos europeos que tiña asignados para o seu desenvolvemento. Esto non é “sacar partido para sus intereses”, como vostede di, xa que a manifestación que lles propoñíamos era para defender os dereitos de todos os veciños de Burela para tan importante necesidade. Sexan valentes. Apoien ao pobo de Burela, porque quen tiña que loitar por elo, perdido en liortas de elaboración da lista da candidatura, o partido que hoxe está na oposición no Concello, non tomará represalias coa súa asociación, que o que realmente interesa a esta executiva do PSdeG-PSOE é o benestar do pobo, a súa modernización, o seu futuro, e a defensa dos dereitos que nos corresponden. Supoñemos que o mesmo que ao PP e á asociación que vostedes representan.
EXECUTIVA LOCAL DO PSdeG-PSOE BURELA.



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



