Nota de prensa:
Debido ao incremento da deforestación en Ribadeo (A pesar da COLOCACION DE
ARBOLITOS NAS nosas RÚAS NOS LUGARES QUE DEBERIAN ESTAR RESERVADOS A
APARCADOIROS)
Recollendo unha petición para a celebración do día da árbore en 1986,
desde Atalaia SOLICITAMOS:
-1ºQue para un mellor coñecemento do árbores procédase á colocación
duns carteis identificativos diante dun representante de cada unha das
diferentes especies que existen nos parques e xardíns do municipio. No
devandito cartel identificador figuraría o nome da árbore nas dúas linguas
cooficiais de Galicia e en letras máis pequenas o nome científico da
especie e a familia á que pertence. Procuraríase solicitar asesoramento do
Servizo de Extensión Agraria para establecer a clasificación.
2º Solicitar da Consellería de Medio Rural mapa forestal do municipio de
Ribadeo. Este mapa quedaría exposto permanentemente no Concello de Ribadeo.
Con iso preténdese que quede reflectida a superficie arboredo e a clase da
mesma neste ano, servindo como testemuña co que cotejar os cambios que se
produzan a este respecto.
3º Convocar un concurso público para a elaboración dos carteis
anunciadores das Festas Patronais deste ano, tomando como motivo para a súa
realización o trinomio: Arbol-Ribadeo-Festas.
Co anterior desde Atalaia esperamos que se fomente e protexa o arboledo en
xeral.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



