Hai vellos estigmas que de cando en vez agroman e lémbrannos etapas xa pasadas que non deberían ter regresado. Houbo quen axudou a que volveran; que cada pau terme da súa vela. Días atrás fervían na rede unhas deplorábeis declaracións dunha moza galega nun reality show acerca da nosa lingua e de todos nós. Se atendemos a calquera texto que fale de dialectoloxía do galego, todas as comarcas foron menosprezadas. Polo que se ve, o galego mellor falado é o que non se fala. A todas as galegas e galegos nos tocou amosar o noso desgusto e repudio cara a unha probe miñaxoias que cre que botando pestes contra os nosos sinais de identidade vai gustar máis no resto de España. Atrevida ignorancia!
Os rapaces e rapazas que cursan a ESO ou o Bacharelato teñen aprendido no instituto que o galego, como todas as demais linguas, posúen variantes dialectais, maneiras de falar que, sen deixar de ser a mesma lingua, son peculiares dunha zona. Os de Vigo non ven á xente; mírana. Os da Fonsagrada usan pantalois. Na Costa da Morte, se dous mozos van casar, tiran cara ao monte, non cara á Igrexa; e se van lighar, non é que sexan ebanistas precisamente. E así poderiamos seguir con máis matices que poñen o acento nunhas zonas e noutras do noso país e no galego estremeiro.
Crer que por se arranxar ao estilo Belén Esteban xa podes andar presumindo de moita cousa e desprezando ao próximo di ben pouco dun. Que baixa autoestima debe ter esta moza para precisar proxectar sobre os demais os seus complexos. Por certo, que lle pasaría cos de Lugo?! Acaso algún mozo lucense ben xeitoso lle tería dado cachote e por iso agora se vinga cruelmente dos lugueses?
Recentemente houbo quen difundiu tópicos como os proferidos por esta rapaza sobre a nosa lingua. Están a recoller os seus froitos. Pouca e mala colleita. Por sorte para a nosa mocidade hai modelos moito máis interesantes a seguir, con máis cultura e educación, máis orgullosos do seu e tamén máis sexis, por que non. Encantados de escoitar a María Castro cando a entrevistan mundo adiante e mostra con orgullo a súa condición de galega. Moitas grazas a Tosar por nos permitir unha vez máis oír o galego na gala dos Goya. Parabéns a Bardem pola súa carreira na que tamén nos falou en galego interpretando a Ramón Sampedro. E quen teña medos e complexos, que vaia tratalos a un psicólogo. Pero que deixe en paz á nosa lingua.
Farruco GRAÑA


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



