Nota de prensa
EXPOSICIÓNS, MÚSICA, TEATRO INFANTIL E PARA ADULTOS SON AS PROPOSTAS CULTURAIS DO CONCELLO PARA OS VINDEIROS MESES. A PROGRAMACIÓN DE PRIMAVERA ARRINCA O VINDEIRO SÁBADO 5 DE FEBREIRO.
Burela, 3 de febreiro de 2011. Exposicións, música, teatro infantil e para adultos son as propostas do Concello de Burela para os vindeiros meses, segundo anunciaba esta mañá a concelleira de Cultura, Neves Cando.
A edil nacionalista contou que “este sábado ás seis da tarde no auditorio da Casa da Cultura comeza a programación cultural de Burela para esta primavera para este 2011. E comezamos cunha proposta novidosa que mistura o espectáculo teatral co concerto musical e que vai dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa sen excluir tampouco ao público adulto. Trátase do espectáculo A nena e o grilo de Magín Blanco, que mistura música e a narración dunha historia sobre a amizade”. Cando engadiu que “con esta primeira proposta continuamos co teatro infantil, o sábado 12 de febreiro a compañía Babaluva reprensentará a obra Lume; o 12 de marzo será o momento de A Xanela do Marín coa obra A pequena Lúa; o sábado 16 de abril os nenos poderán disfrutar de Area e auga de Teatro do Andamio e rematamos o 14 de maio con Artestudio Teatro e os seus Contos no ar”.
Burela acollerá diversas representacións de teatro para adultos. Segundo explicou Neves Cando “comezamos o 25 de febreiro coa actuación de Mofa e Befa e o seu espectáculo Un cranio furado; o 25 de marzo tócalle o turno ao teatro de Chévere e a súa obra Citizen; en abril o 29 contaremos de novo coa presenza en Burela de Carlos Blanco e a súa obra Orden e progreso e rematamos o 20 de maio con Talía Teatro e Volpone”.
Na programación cultural de Burela para a primavera de 2011 tamén ocupa un lugar moi importante a música, “a música de Burela, a música da nosa xente. O 4 de marzo temos o concerto a cargo da Marosa Jazz Project, o 18 de marzo a banda de gaitas Dambara de Burela, o 1 de abril concerto da Burela Blues Band, o 8 de abril haberá concerto de marchas procesionais a cargo da Banda de Cornetas e Tambores Santo Inocencio de Teixeira de Burela, o 13 de maio teremos o concerto da Banda Municipal de Música e o 21 de maio concerto das Letras Galegas coa Coral Polifónica de Burela. E remataremos o apartado musical co concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música, previsto para o 27 de xuño”.
Burela acollerá tamén tres exposicións nestes meses na sala de arte. Do 17 de febreiro ao 25 de marzo Galicia en foto, o fotoxornalismo galego; do 15 de abril ao 20 de maio a XVI edición do certame de arte Galería Burela e durante o mes de xuño a exposición fotográfica Elas fan camiño da Xunta.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



