No noso pais estamos acostumados a que os políticos digan e fagan o que lles dea a gana sen consecuencia algunha para a súa carreira política.
Os españois temos o paro como o primeiro problema do pais. Pero tamén consideramos que os políticos son un importante problema de este pais.
Pero a pesar de consideralo así non facemos nada por resolver o problema, e así convivimos e aceptamos que os nosos políticos teñan comportamentos e actuacións que non consentiriamos a outros estamentos da sociedade.
Póñovos uns exemplos:
– Recentemente o conselleiro de Transportes madrileño, José Ignacio Echeverría mofábase da intervención de un deputado da oposición e negaba a existencia do “Metrobús” o mesmo tempo que os compañeiros de partido aplaudían a súa intervención.
– A presidenta da asociación 11M vítimas do terrorismo Pilar Manjón dixo en referencia a inauguración unilateral por parte do axuntamento de Madrid de un monumento na estación de cercanias do Pozo do tío Reimunde, que cando solicitaron axuda para a construción do monumento foron tratados con descortesía por parte do vicealcalde Manuel Cobos. “Cando entramos en la reunión a pedir realizar el monumento, se nos contestó que si veníamos por otro ‘monumentito’ para el 11-M, que cualquier día iban a tener que hacer uno para las putas de la Montera”.
Este tipo de actuacións e respostas admitímosllelas os políticos como si fora algo normal. Algo que non admitiriamos en outros ámbitos da vida.
Igual que o Conselleiro de transportes se olvida do metrobus pensades que pasaría si un bombeiro, un médico, un panadeiro ou un carpinteiro se olvidase da súa responsabilidade e do seu traballo.
E que pasaría si un banqueiro, un funcionario ou un comerciante nos respostase como o vicealcalde Manuel Cobo.
En fin. Que os políticos admitímoslles cousas que non lle admitimos os demais. E mentres isto sexa así, o problema da baixa consideración dos políticos nos terá solución.
A solución pasa porque a sociedade non admita a estes políticos bocanas, irresponsables e incompetentes, e cando actúen de xeito inadecuado sexan cesados fulminantemente.

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



