O BNG de Cervo interesase pola residencia ta terceira idade de Cervo no Parlamento
Nota de prensa
O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO AS PREGUNTAS QUE O GOBERNO LOCAL SE NEGA A CONTESTAR SOBRE A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE CERVO
Queren saber si vai haber reservas de prazas para residentes do concello e si o modelo de xestión vai ser público ou privado
17 días despois o goberno local non ofrece respostas a estas preguntas que por lei deberían atender en cinco días
Cervo, 16 de abril de 2011. O BNG cervense segue agardando dende o 29 de marzo a que o goberno municipal responda as preguntas presentadas sobre a existencia ou non de reservas de prazas para residentes do municipio na futura residencia da terceira idade e tampouco si esta vai ter unha xestión pública ou privada. Á vista da situación que incumpre a obriga e os prazos legais de ofrecer información á oposición, trasladan as mesmas preguntas ao Parlamento Galego a través do parlamentar, Fernando Blanco, agardando unha maior dilixencia por parte do goberno galego.
O goberno municipal saberá en que condicións foron cedidos uns terreos que son de tódolos cervenses.
Os nacionalistas critican a actitude pouco democrática do goberno local, que non cumpre a legalidade “case nunca” ao non ofrecer respostas nin ás preguntas nin ás solicitudes de documentación á que temos dereito como membros da corporación, sinala o portavoz nacionalista, Xoán Antón Estúa. E evidente, sinalou o portavoz, “que o goberno municipal ten que coñecer en que condicións cedeu de balde os terreos para este equipamento”, e engade que de non haber estas reservas, “non vai cumprir cos obxectivos que se buscan”.
A privatización dos servizos públicos como adoita facer o PP non permitirá o acceso ao servizo aos potenciais usuarios cervenses.
Estúa mostrouse preocupado pola falta de respostas, “o PP privatiza todo canto toca, xa o fixo coa residencia construída en Viveiro por áreas de goberno nacionalista da Xunta bipartita e non lle vai tremer o pulso para seguir na mesma liña”. Os nacionalistas aseguran que “a xestión privada non permitiría o acceso polo nivel de rendas a moitas persoas e iso e o que o BNG quere impedir.” Neste sentido poñen como exemplo as dúas residencias construídas con diñeiro público durante o goberno de Manuel Fraga en Xove e O Valadouro “que foron privatizadas e deixaron de ser accesíbeis para moita xente”




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



