A TAPA ELABORADA POLO RESTAURANTE LA SOLANA FOI A GAÑADORA DA SEXTA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO
Nota de prensa
A TAPA ELABORADA POLO RESTAURANTE LA SOLANA FOI A GAÑADORA DA SEXTA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO. DURANTE OS 10 DÍAS DE CELEBRACIÓN DESTE EVENTO VENDÉRONSE MÁIS DE 50.000 TAPAS, SEGUNDO OS DATOS FACILITADOS POLO ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 9 de maio de 2011. A tapa elaborada polo restaurante La Solana foi a gañadora da sexta edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, segundo daba a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “despois destes 10 días de degustación de tapas esta sexta edición do Ribadeo de tapeo péchase cun enorme éxito. Segundo os datos dos técnicos que estiveron preguntando entre os 53 hostaleiros participantes, que fixeron esas miniaturas da cociña, vendéronse máis de 50.000 tapas, algo que da unha idea do dinamismo económico, social e desta cultura da tapa que apela aos nosos costumes, á tradición de compartir, de charlar cun viño e con algo de comer diante, que anima á conversa e a un dos sectores máis importantes que ten Ribadeo na súa vila”.
Suárez Barcia sinalou que “toda carreira ten uns gañadores, aínda que aquí o máis importante é participar e que estes 53 establecementos participaran e que venderan moitísimas tapas. Houbo unha serie de finalistas, un total de 11, que non quixemos desvelar ata o final para que a xente non deixase de ir ao resto dos que o fixeron moi ben, pero que non puideron ser finalistas. O xurado estivo composto por xente profesional como Héctor González e Ana Fernández, que son cociñeiros e profesores especialistas de cociña, Roberto Walter, xefe de cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Miguel Vila, periodista e escritor gastronómico e Manuel Gago, xornalista e profesor na USC. Este xurado decidiu que dentro deses 11 finalistas tiña que haber uns gañadores e empezando de menos a máis, estimaron facer unha mención especial pola presentación da tapa e pola súa posta en escea ao establecemento Pizzbur coa tapa Dous patos dun tiro. O terceiro premio é para o restaurante Casa Pepe polo seu Niño de paspallás con ourizo dfe Rinlo; o segundo premio foi para o bar Queimada pola súa Hamburguesa de chipiróns e finalmente o gañador absoluto desta sexta edición foi para o restaurante La Solana pola súa tapa De Castela a Galiza, rolo de leitón con verduras asadas e pataca afumada”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “agora xa ao longo dos vindeiros días daráse a coñecer o premio do público e os premios para aquelas persoas que fixeron un mínimo de 25 bares pola ruta e para o larpeiro de ouro, é dicir aquel que fixo todos os establecementos participantes. Máis aló dos premios e de todo isto foi unha maravilla poder ver e sentir durante dez días xentes da Mariña e do Occidente asturiano que encheron moitos bares, mesóns e restaurantes con esta iniciativa que facemos desde o Concello de Ribadeo co apoio económico da Área de Turismo da Deputación. Un evento que serve para dinamizar e movilizar moitos recursos nun momento de tempada baixa e onde non se move moito. Estas iniciativas son as que nos dan gañas e as que nos permiten continuar facendo este tipo de cousas polo ben do noso concello”.
Os once establecementos finalistas, dos que logo sairon os gañadores, foron: A.G Porcillán, La Botellería, El Cabás, O Cantón, Casa Pepe, La Cervecería, El Duende, Bar Queimada, Hotel Restaurante Voar, La Solana e Pizzbur.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



