Nota de prensa
XII festival Aires do Masma. Foz
Onte domingo 17 de xullo celebrouse, con grande exito de público a XII edición do FESTIVAL AIRES do MASMA. Este ano acompañaron Á Subela os grupos Coros y Danzas Sherezade de Fuensalida (Toledo)e a Agrupación Folclórica Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Os tres grupos fixeron as delicias dos numerosos espectadores alí congregados, e arracaron numerosos aplausos e vitores.
Con anterioridade os grupos desenvolveron un pasarrúas por diferentes rúas da vila que lle deron viveza e animación ás Festas do Carme.
A Subela quere felicitar aos bailadores e músicos polo seu excelente traballo no escenario, así como agradecer a colaboración do Concello, da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial, da Asociación Mar de Foz e do comercio focense, pois sen o seu patrocinio non sería posible poñer a andar este festival.