Nota de prensa:
O BNG DE BARREIROS ASEGURA QUE CASE UN 70% DOS INGRESOS DO CONCELLO NO ANO 2010 FORON DESTINADOS A PERSOAL. NA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS APROBÓUSE UNHA CONTA XERAL QUE REFLICTE UN DÉFICIT DE 732.000 EUROS E UN REMANENTE DE TESOURERÍA TAMÉN NEGATIVO DOUTROS 745.000 EUROS.
Barreiros, 27 de xullo de 2011. O BNG asegura que case un 70% dos ingresos do Concello de Barreiros no ano 2010 foron destinados a persoal. Os datos contidos na conta anual de 2010 revelan que o Concello non só gasta máis do que ingresa e por iso obtén un resultado negativo, senón que agota os remanentes aos que se podería acudir para pagar débedas (o remanente de tesourería), sendo imposíble afrontar a débeda xerada.
A portavoz do BNG no Concello, Ana Ermida, explicou que “na comisión informativa de contas celebrada onte aprobouse, cos votos do Partido Popular, unha conta xeral que reflicte un déficit de -732.659,41 euros negativos e un remanente de tesourería de – 745.037,71 euros tamén en negativo. Segundo os datos aportados no documento presentado, no 2010 os gastos de persoal ascenderon a 1.822.651,20 euros. Nese mesmo ano, contouse cuns dereitos de cobro recoñecidos por un importe de 3.068.692,03 euros. Porén, só chegaron a facerse efectivos 2.657.467,37 euros. Con estes datos pode calcularse que os gastos de persoal supoñen un 68,58% dos ingresos reais da institución municipal”.
O que máis lles sorprende aos nacionalistas barreirenses “é o desinterese e a desidia por parte da alcaldía para rendabilizar tan importante gasto. O que non é de recibo é que se conteste desde a alcaldía, cando se lle pide un maior control da eficacia das persoas contratadas, que se esas persoas traballan máis, supoñen un incremento do gasto xa que, explicou, que se traballan máis consumen máis sacos de cemento, máis tubos, etc”. Desde o BNG consideran que “ese tipo de argumentacións son simplistas e non poden ser emitidas por un representante das e dos cidadáns, porque, ademais, supoñen unha falla de respecto para as e os barreirenses que están pagando impostos para a contratación de persoal sen que iso revirta en beneficio das e dos veciños”.
Ermida engade que “o Concello de Barreiros quere facerse pasar por unha ONG que dá traballo, sempre cun claro fin electoralista, sen preocuparse do beneficio que supoñan para a poboación en xeral. Baixo a argumentación de que parte dos postos de traballo son subvencionados e de que os tempos están moi mal, o alcalde xustifica unha política de contratación de persoal do todo vale feita á súa medida e á do Partido Popular”. Para o BNG “calquera gasto que sexa en beneficio das e dos veciños de Barreiros non debe considerarse tal, senón unha inversión en beneficio de todas e todos”.
A portavoz nacionalista engadiu que “por outra lado, o alcalde popular recaeu unha vez máis no xa gastado argumento da paralización das licencias para xustificar o desfase orzamentario existente”. Desde o BNG din que “xa está ben de utilizar a escusa da paralización das licencias para todo. Non é xustificable que no ano 2010 se fixeran mal as previsións, xa que cando se elaboraron os orzamentos a situación urbanística era a actual e as previsións que se fixeron non eran reais. O que pretende, unha vez máis, Alfonso Fuente é botar balóns fóra e non asumir a incapacidade do goberno municipal para levar adiante o goberno do Concello de Barreiros”.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



