Nota de prensa:
NNXX da Mariña define as súas liñas de actuación de cara ao 20-N
Conscientes da necesidade dun cambio para mellorar as oportunidades dos mozos, a xunta comarcal reuniuse onte en Foz para deseñar as pautas a seguir ante as eleccións nacionais
A Mariña, 5 agosto de 2011.- A xunta comarcal de Novas Xeracións na Mariña mantivo onte unha xuntanza en Foz co obxectivo de deseñar os pasos a seguir pola agrupación de cara ás próximas eleccións xerais anunciadas para o 20 de novembro. Un día despois da reunión da agrupación política-xuvenil a nivel rexional, os xóvenes de Novas Xeracións da Mariña decidiron non descansar na época estival e estruturar un marco de traballo, xa que segundo asegurou durante a xuntanza o secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia, Juan Luis López Prieto, “xogámonos o futuro deste país, e que a nosa xeración non sexa perdida”.
López Prieto desprazouse ata Foz co obxectivo de trasladarlle aos xóvenes da Mariña as liñas de traballo acordadas a nivel rexional. Conscientes da “imperante necesidade” de que se acometan reformas políticas, o presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, xunto co coordinador da xunta comarcal da Mariña, Diego Campo e representantes das diferentes xuntas locais estruturaron un programa de traballo co único obxectivo de que o cambio chegue a España e sexa o galego Mariano Rajoy quen dirixa o país.
A urxencia dos mozos populares na necesidade de comezar a traballar pon de manifesto o desencanto da agrupación e dos xóvenes da Mariña coas actuais políticas emprendidas por Zapatero que conlevaron a un 44% de paro xuvenil. A formación política xuvenil do Partido Popular ten claro que no momento que vivimos non se pode parar nin un momento, e pretende traballar de forma incansable para tentar mellorar día a día as oportunidades para as mozos galegos.
A mocidade popular non descansará durante o mes de agosto xa que son conscientes da enorme transcendencia que os resultados electorais terán no futuro da xuventude. Esta actitude demostra a ilusión que depositan os xóvenes populares en Rajoy fronte aos das xuventudes socialistas ante un Rubalcaba que non os motiva nin os mobiliza.
Novas Xeracións de Galicia toma este adianto electoral con moitísimas forzas e ilusións, convencidos plenamente de que o cambio que comezou fai dous anos en Galicia coa vitoria do presidente Feijoo, agora culminará en toda España coa chegada de Mariano Rajoy á Moncloa.

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



