Nota de prensa
A LONXA DE BURELA INAUGURA O PROGRAMA MAR ACHEGA, QUE AMOSARÁ OS LABORES DA PESCA A 1.500 GALEGOS PROCEDENTES DE CONCELLOS NON COSTEIROS
A delegada territorial, Raquel Arias, valorou a gran acollida desta iniciativa concibida para “dar a coñecer o noso sector pesqueiro”, que constitúe “un piar básico da nosa economía”
Arias sumouse hoxe aos veciños da Pastoriza e de Sober, que coñeceron os traballos do porto e varios lugares de interese do entorno
Entre os participantes neste proxecto figuran preto de 600 veciños e veciñas de nove municipios lucenses
Burela, 9 de setembro de 2011.- A lonxa de Burela foi a encargada de inaugurar a segunda edición do programa Mar Achega, posto en marcha pola Consellería do Mar co obxectivo de aproximar os labores da pesca aos galegos e galegas, especialmente aos procedentes de concellos do interior.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participou hoxe da visita que realizaron medio centenar de veciños e veciñas dos concellos da Pastoriza e de Sober, despois de que nos dous días previos teñan participado nesta iniciativa outras 100 persoas procedentes de Folgoso do Courel, Alfoz e Trabada.
En total, beneficiaranse deste proxecto 1.500 visitantes –case 600 deles de nove municipios lucenses- distribuídos nunha trintena de viaxes programadas a oito das principais lonxas de peixe galegas, entre elas as de Burela e Celeiro.
Raquel Arias valorou o gran interese que espertou esta iniciativa, que ten por obxectivo “promover o coñecemento do noso sector pesqueiro e o consumo dos produtos da pesca de baixura e do marisqueo entre a poboación galega, especialmente do interior”.
Así, explicou a delegada, “a Consellería quere amosar os procedementos de comercialización destes produtos aos potenciais consumidores, exhibindo a súa altísima calidade ao tempo que transmite a singularidade do traballo dos profesionais do mar, que constitúe en si mesmo unha riqueza cultural ademais de ser piar básico da nosa economía”.
Raquel Arias acompañou aos veciños e veciñas da Pastoriza e Sober durante parte do programa, que deu comezo pola mañá con sendas visitas para coñecer o Museo do Mar e a carpintería de Francisco Fra, quen traballa nunha reprodución do navío “Beagle” que levou nas súas viaxes ao naturalista, xeólogo e escritor Charles Darwin.
A última hora da mañá puideron coñecer as características, calidades e elaboración de varios pratos de peixe. O xantar tivo lugar na nave de redes do porto e, xa pola tarde, visitarán á asociación de redeiras Cabo Burela, que conserva material histórico relacionado coa navegación e as artes de pesca. Para finalizar, o grupo contemplará no porto os traballos de descarga do peixe capturado durante a xornada.
Burela ofrecerá un programa similar a outro grupo de visitantes procedente do municipio coruñés de Aranga o vindeiro día 21 de outubro. Pola súa banda, o porto de Celeiro acollerá en novembro a veciños e veciñas de Cervantes, Quiroga, Cabanas e Begonte.
Tamén está prevista a participación neste programa de varias asociacións de Sober, que en distintos grupos visitarán as lonxas de Vigo e Cambados, así como dos concellos de Carballedo e Ribas do Sil, aos que corresponde coñecer os peiraos de Lira (en Carnota) e Vigo respectivamente.
Os grupos foron seleccionados en base a orde de chegada da solicitude -por día e hora-, o número de participantes -non máis de 50- ou criterios como que non tiveran participado na edición anterior e procederan de concellos non costeiros.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



